Entradas para ICC Week 2018 - Instalación ICC Kids

ICC Week 2018 - Instalación ICC Kids

Información adicional

ICC Week 2018 - Instalación ICC Kids

  • 04 may 2018
  • 16:30h (CEST) Europe/Madrid
  • Desde 0,00 €
  • Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, Ourense mostrar mapa
Información del evento

16h30 - 17h30 | @Chincheto77 e @Tonacho - "Xogas ou traballas?" | Presenta: C. Blanco ICC Kids 

 

@Chincheto e @Tonacho (16h30 - 17h30) - Youtuber

Este 2018, ICCKIDS céntrase no mundo gamer e youtuber. Deste xeito, contaremos nesta edición coa presenza de @Chincheto77 e @Tonacho, dous dos youtubers máis importantes de España, que ofrecerán unha charla sobre a influencia positiva que teñen o mundo gamer e youtuber nos rapaces. O encontro terá lugar o venres 4 de maio a partir das 17:00 h no Centro Cultural Marcos Valcárcel. @Chincheto77 e @Tonacho comezaron a publicar por afección, e por sorpresa atopáronse cunha audiencia fiel que os seguía. Pronto descubriron que podían converter a súa paixón nunha profesión coa que gañarse a vida. Agora, cada un deles conta con máis de 700.000 seguidores en YouTube, onde arrasan cos seus vídeos sobre Minecraft. Malia que @Chincheto77 deixou atrás a adolescencia hai moitos anos, segue xogando a videoxogos e gozando deles como nos seus anos mozos: Minecraft, League of Legends e Heroes of the Storm son tres dos títulos nos que ocupa o tempo cando senta diante do seu computador e pulsa o botón de gravar. @Tonacho é un xogador habitual do Minecraft, e os seus vídeos contan con máis de 1.500.000 reproducións. en contraposición á televisión. Estes dous youtubers, amigos entre si, son os artífices de Mundo Chiquito, unha serie sobre o videoxogo Minecraft, que con seis tempadas e medio milleiro de capítulos emitidos, é a miniserie de emisión dixital máis longa da historia. Os primeiros capítulos xa acumulan ao redor das 300.000 reproducións cada un.
 

 


 

 

Lugar: Ourense | C.C. Marcos Valcárcel

 

También podría interesarte...