Entradas para ICC Week 2018 -O humor e a cultura|O sentido da creatividade

ICC Week 2018 -O humor e a cultura|O sentido da creatividade

Información adicional

ICC Week 2018 -O humor e a cultura|O sentido da creatividade

  • 03 may 2018
  • 19:00h (CEST) Europe/Madrid
  • Desde 0,00 €
  • Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, Ourense mostrar mapa
Información del evento

19h00 - 21h00 | Rober Bodegas, Alberto Casado, Raquel Córcoles (Moderna de Pueblo), Juan Ramón Bonet , Modera: Manuel de Lorenzo - "O sentido da creatividade"

Rober Bodegas, Alberto Casado - Humoristas (Pantomima Full)

Pantomima Full é unha sucesión de sketches de entre cinco e dez minutos, nos que se presentan situacións absurdas levadas a cabo con normalidade conectadas polas pequenas diferenzas que manteñen entre eles os seus autores. Risas aseguradas neste espectáculo de Alberto Casado e Rober Bodegas, Pantomima Full. Os nomes de Alberto Casado (Madrid, 1983) e Rober Bodegas (Carballo, 1982) convertéronse nos últimos tempos nuns referentes da comedia online. O que comezou como unha serie de vídeos para promocionar os seus espectáculos na Gran Vía madrileña, converteuse nun fenómeno de culto, no que miles de persoas se tronchan cada día. Arquetipos sutís e tronchantes en vídeos curtos compartidos masivamente en Facebook, retratos burlescos das novas tipoloxías sociais... nada máis, pero tampouco nada menos. As vidas destes dous cómicos cruzáronse no mítico programa da Sexta Sé Lo Que Hicisteis..., e tras unha longa tempada de éxitos, continuaron coa experiencia de Solocomedia, un formato de comedia tamén na rede, onde seguían acompañados por Ángel Martín. Rober e Alberto seguiron xuntos traballando como guionistas na comedia de Catro Gym Tony.
 

Raquel Córcoles (Moderna de Pueblo) - Humorista, blogueira e ilustradora

Raquel Córcoles naceu en Reus en 1986. Cursou a carreira Publicidade, Xornalismo e Comunicación Audiovisual na Universitat Rovira i Virgili (Tarragona) e rematou os seus estudos en Madrid, licenciándose en Xornalismo na Universidade Rey Juan Carlos. En 2010 creou o blogue Moderna de Pueblo e despois de compaxinalo durante tres anos co seu traballo de creativa publicitaria, deixou esta última ocupación en 2012 para adicarse a tempo completo ao seu proxecto persoal, no que dirixe os contidos e traballa como guionista e ilustradora. Moderna de Pueblo valeulle a Raquel Córcoles a bolsa Connecta’ t al còmic, grazas á cal puido publicar o seu primeiro libro, Soy de pueblo, que fixo coa axuda da deseñadora gráfica Marta Rabadán (1984, Cocentaina). Despois de traballar case un ano nas revistas El Jueves e Cuore, fixo unha pausa para escribir o seu primeiro cómic en solitario Los capullos no regalan flores (2013, Lumen), que vai pola 6a edición con máis de 30.000 exemplares vendidos e foi publicado en Francia, Brasil, Portugal, Singapur e Malaisia. A partir de 2013, incorpórase como guionista Carlos Carrero (1984, Madrid), con quen publica Cooltureta: la novela gráfica (2014, Lumen), que vai pola 3a edición. Raquel e Carlos seguen traballando diariamente no contido de modernadepueblo.com e colaborando en medios como Cuore, El País e GQ.


 Juan Ramón Bonet - Humorista e xornalista

Juanra Bonet é un actor nado en Barcelona. Traballou como reporteiro e presentador en Caiga Quién Caiga entre 2005 e 2008. E máis tarde fichou por El Intermedio. Tamén representou o monólogo Animales, de Ricky Gervais por toda España. Puido compaxinar o espectáculo coa presentación do concurso de El Terrat Gafapastas en La2. Tamén presentou o programa de radio El Mundo Today na Cadena Ser e o concurso diario televisivo de Cuatro Lo Sabe No Lo Sabe, desde o verán do 2012 ata decembro do 2013. Actualmente presenta ¡Boom! nas tardes de Antena3 de luns a venres.


Modera: Manuel de Lorenzo - xornalista

Manuel de Lorenzo (Ourense, 1981) é escritor e xornalista. No ámbito da prensa escrita, traballou como redactor e colaborou con diferentes medios de comunicación, tanto nacionais como autonómicos. No ámbito da comunicación audiovisual, traballou como guionista, realizou un programa de radio na Radio Galega e dirixiu un programa de televisión para a TVG. Na actualidade ten unha sección semanal no programa Galicia por Diante da Radio Galega e escribe para os xornais El Español, El Progreso e Diario de Pontevedra, así como para as revistas Jot Down Magazine e Jot Down Smart, publicada polo diario El País.


 

Lugar: Ourense | C.C. Marcos Valcárcel

También podría interesarte...