Entradas para ICC Week 2018 - Patrimonio Rupestre Europeo

ICC Week 2018 - Patrimonio Rupestre Europeo

Información adicional

ICC Week 2018 - Patrimonio Rupestre Europeo

  • 03 may 2018
  • 09:30h (CEST) Europe/Madrid
  • Desde 0,00 €
  • Monasterio de San Pedro de Rocas, Esgos mostrar mapa
Información del evento

09h30 - 14h00 | Carmela Crescenzi, Domenico Caragnano, Antonio G. Mastrangelo, Jorge López Quiroga, Theodoro Ganetsos, Alexey Zhalov e José Manuel Baltar: "Patrimonio Rupestre Europeo"

 

Carmela Crescenzi (10h00 - 10h30) - Itinerario polo patrimonio rupestre mediterráneo

 
É Profesora Asociada no Departamento de Arquitectura da Universidade de Florencia. Desde 2006 coordina e promove conferencias e exposicións internacionais nos ámbitos de lectura e análise xeométrico da arquitectura antiga e contemporánea, estudo arquitectónico ambiental (tradicional e TIC) e sitios arqueolóxicos; con especial atención ao coñecemento e a promoción do patrimonio cultural e innovacións dixitais. En 2009 foi directora do proxecto europeo Patrimonio cultural rupestre en el área circum-mediterránea. Identidad común nueva perspectiva, CRHIMA-cinp (Programa Cultura - Dirección Xeral de Educación e Cultura 2007- 2013). Desde 2010 ata 2012, coordinou e foi responsable da investigación e a promoción do mesmo proxecto a nivel nacional e internacional. En 2012 foi responsable do proxecto Representación para el conocimiento, la preservación y la mejora del hábitat rupestre mediterráneo ( PRIN 2010, Período 2013 – 2015). Desde 2013 ata 2016, coordinou o traballo de investigación RU e as súas actividades nacionais e internacionais.

 

Domenico Caragnano (10h30 - 11h30) - A pintura nas igrexas rupestres de Puglia e Basilicata

Domenico Caragnano naceu na localidade de Palagianello, no sur de Italia, en 1962. En 1988 licenciouse en Letras na Universidade de Bari, e en 1995 especializouse en Arqueoloxía Tardo Antiga e Medieval na Universidade de Basilicata. É socio do Istituto di Storia Patria per la Puglia e desenvolveu catalogacións para a superintendencia dos bens monumentais desta rexión. Tamén participou en escavacións organizadas pola Universidade de Basilicata e a Universidade de Salento e na escavación de Hierápolis, en Turquía, país no que segue a traballar en misións científicas na área da Capadocia. Ademais, ten realizado numerosas colaboracións con universidades italianas e estranxeiras. Participou en numerosas convencións internacionais sobre a vida en covas, en particular dentro do proxecto CRHIMA - CINP: Cultural Rupestrian Heritage the Circum – Mediterranean Area. Ademais, publicou numerosos traballos sobre o fenómeno rupestre en Apulia e noutras rexións do Mediterráneo. Actualmente é Director do Museo do Territorio de Palagianello.
 

Antonio G. Mastrangelo (11h30 - 12h00) - A propiedade na área rupestre de Gravine (Taranto)

Antonio Giuliano é avogado e, desde 2008, profesor na Cátedra de Historia do Dereito na Universidade de Bari, onde se adica aos estudos relacionados coa Alta Idade Media. Entre 1984 e 1994 colaborou en varios proxecto relacionados coa creación de parques naturais. Do 1985 a 2002 foi presidente do grupo arqueolóxico Espedito Jacovelli de Massafra. En 2007 participa na rede INTERREG Caves Network. Desde 2003 é membro da Società di Storia Patria per la Puglia, así como inspector honorario de Massafra para os bens arqueolóxicos, pertencente á Superintendencia Arqueolóxica de Puglia. De 2010 a 2012 colaborou no Proxecto Comunitario CRHIMA- CINP. Publicou varios estudos e investigacións históricas tanto en volumes misceláneos do Grupo Archeo como nos anais e coleccións do Departamento de Xónico da Universidade de Bari. Destaca entre os seus traballos o volume monográfico A condición xurídica da muller nas leis lombardas e matrimoniais na Terra de Otranto.


Jorge López Quiroga (12h00 - 12h30) - A aplicación das novas tecnoloxías en San Pedro Rocas

Doutor en Xeografía e Historia (Santiago de Compostela) e Historia Medieval (París- Sorbona). Desenvolve o seu labor docente e investigadora na Universidade Autónoma de Madrid. Antigo membro da Casa de Velázquez e bolseiro da Fundación Alexander von Humboldt, foi profesor convidado en diversas universidades europeas e americanas, director, entre 2004 e 2008, da Misión Arqueológica Española en Conimbriga (Portugal), e Profesor Asociado na Universidade Federal de Río de Janeiro. Ademais, é membro da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia. Desde 2002, unha das súas principais liñas de investigación céntrase no estudo dos procesos de transición entre a Antigüidade Tardía e a Alta Idade Media en Occidente a partir de tres vectores explicativos: o poblamento, o mundo funerario e a cristianización. Foi, ademais, comisario da exposición In Tempore Sueborum. O tempo dos Suevos na Gallaecia (411-585). O primeiro reino medieval de Occidente.

 


Theodoro Gatnesos (12h30 - 13h00) - Análisis físico-químicos non destructivos das pinturas e frescos

Doutor en Física pola Universidade de Atenas, é profesor no Departamento de Enxeñería de Automatización na Universidade de Ciencias Aplicadas do Pireo. Tamén exerce como Director do Laboratorio de Técnicas non-destrutivas na mesma Universidade. Foi profesor visitante nas Universidades Bogazici (Turquía), Praga, Bratislava e Ryad (Arabia Saudita) e é membro da International Field Emission Society ( IFES) e do Consello Editorial do International Journal of Materials and Chemistry. Foi autor de máis de dous centenares de artigos e relatorios en revistas científicas e congresos tanto nacionais como internacionais, e entre as súas liñas de investigación destaca o seu traballo na aplicación do feixe de iones en Arqueometría, de gran utilidade para a identificación da composición química dos materiais orgánicos e inorgánicos.


 Alexey Zhalov (13h00 - 13h30) - Vivendas medievais escavadas na rocha en Bulgaria

O veterano explorador de covas, Alexey Zhalov, é profesor de Educación Física e de Espeleoloxía en Bulgaria, labor que combinou cos cargos de Vice-Secretario Xeral da Federación Europea de Espeleoloxía entre o ano 2008 e o 2013, e o a presidencia da Asociación Espeleolóxica dos Balcáns. Tamén é membro do Comité da Sociedade Búlgara de Espeleoloxía e da Comisión de Formación e Bibliografía da Unión Espeleolóxica Internacional. Autor de oito libros e máis de trescentas publicacións sobre o estudo das covas, ten participado en expedicións espeleolóxicas en Rusia, Grecia, Serbia, España, Irán, Turquía (onde estudiou as covas artificiais ao longo do curso do Éufrates) e en Tunes. Tamén foi director de diversos proxectos e exploracións en Albania, Cuba, China, Grecia, Vietnam e Kósovo.


Debate e clausura (13h30 - 14h00)


Manuel Baltar Blanco (09h30 - 10h00) - Apertura e presentación

Presidente da Deputación de Ourense, será o presentador do encontro. Graduouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1990 e é funcionario do corpo superior da administración da Xunta de Galicia e xefe do servizo xurídico da Xunta de Galicia en Ourense. Inspirado por programas de desenvolvemento de países industrializados, acuñou o termo "provincia intelixente" e aposta por políticas innovadoras que leven a Ourense  a desenvolver o seu potencial, a creatividade, o uso de ferramentas e competencias TIC, sen traizoar esa esencia rural e natural que fai de Ourense unha provincia única e singular.
 
Na actualidade é tamén vicepresidente de Partenalia, representante dos territorios termais europeos EHTTA, participou como relator na South Summit 2015 e representou a Ourense como único territorio europeo convidado como exemplo de territorio innovador e xestión, no Seminario Internacional 'Governança Metropolitana' que se desenvolve na cidade brasileira de Curitiba. 

 

Lugar: Esgos | San Pedro de Rocas

También podría interesarte...