Evento terminado

Entradas para ICC Week 2018 - Sector audiovisual

ICC Week 2018 - Sector audiovisual

Información adicional

ICC Week 2018 - Sector audiovisual

Información del evento

18h00 - 20h00 | Gracia Querejeta e Nico Campos - "A traxectoria dunha muller creativa"| "Autores e creadores" - J.M. Sastrón Pte. SGAE, Yosi Domínguez Los Suaves 

 

Gracia Querejeta (18h00 - 18h30) - Directora e guionista de cine

Gracia é licenciada en Xeogra- fía e Historia pola Universidade Complutense de Madrid. En 1987 coescribe e dirixe o seu primeiro traballo cinematográfico, Tres en la marca, curtametraxe galardoada co premio Teatro Arriaga no Festival de Bilbao. Desde entón traballou como axudante de montaxe, guionista e directora en numerosas producións. Ten realizado ata hoxe oito longametraxes de ficción cinematográficas -Una estación de paso (1992), El último viaje de Robert Rylands (1995), Cuando vuelvas a mi lado (1999), Héctor (2004), Siete mesas de billar fran- cés (2006), 15 años y un día (2013), Felices 140 (2015) e Ola de crímenes (2017)- e capítulos de series, como La adolescencia (1990), para a serie de TVE El hombre y la industria, e El partido del siglo, rodado en 1997 para a serie DiStefano emitida por Canal +. Tamén realizou documentais -El viaje del auga (1990), El trabajo de rodar (1993), Primarias (1998)- e producións audiovisuais encargadas por distintos organismos e insti- tucións, como ExpoZaragoza ou o Ministerio de Igualdade. A súa obra foi recoñecida con numerosos galardóns en festivais como o de San Sebastián, Málaga, Valladolid, Vitoria, Berlín e Tokio, ademais de recibir varios nomeamentos aos Goya e os premios de El Mundo e o Círculo de Escritores Cintematográficos. Tamén obtivo varios premios a toda a súa traxectoria, nos festivais de cinema de Huesca, Alicante e Valencia.
 

Nico Campos (18h30 - 19h00) - Presidente de AGAG

Presidente de AGAG, Asociación Sindical Galega de Guionistas. Ao longo da súa carreira profesional, Nico ten realizado todo tipo de proxectos como curtametraxes, documentais, videoclips e algún spot de televisión. Escribiu en series de ficción, realizou en directo concertos para xente coma Offspring, Bebo Valdés, Prodigy ou o Padre Jony. Os seus traballos expuxéronse en sitios como o CGAC, o MARCO ou o Círculo de Bellas Artes de Madrid. En televisión traballou no popular formato infantil dos anos 90 Xabarín Club e o programa dirixido á poboación xeral Vivir Aquí. Actualmente segue traballando en diversos proxectos.


 

José Miguel Fernández Sastrón (19h30 - 20h00) - Presidente de SGAE

Nado en Madrid, en 1959, José Miguel F. Sastrón é compositor de bandas sonoras para cinema, teatro, sintonías, series de te- levisión e especializado en música para publicidade. Colaborou coas principais axencias publicitarias españolas e multinacionais, sendo galardoado en 1986 co Premio á Mellor Banda Sonora do Festival Internacional de Cinema Publicitario de Cannes. En 1995 funda a compañía discográfica Pep’s Records, constituíndo a continuación a produto- ra Variedades Musicais, a través da cal realizará distintas producións para as máis importantes cadeas de TV, nacionais e internacionais. En 2006 entrou a formar parte parte da creación da Asociación Nacional de Autores y Editores Musicales (ANAEM), ocupando a Vicepresidencia ata xuño do 2007, data na que se incorpora como parte da Xunta Directiva e Consello de Dirección da SGAE. En 2009 é nomeado membro do Comité Executivo do Consello Internacional de Creadores de Música (CIAM), órgano executivo de CISAC (Confede- ración Internacional de Sociedades de Autores e Compositores). En 2012 é nomeado Vicepresidente da SGAE, e en abril do 2016 é nomeado Presidente da mesma entidade. Como experto en Dereito de Autor e Propiedade Intelectual, ten participado en diferentes seminarios, xornadas, foros de debate e cursos universitarios, entre os que cabe destacar Jornadas por el Derecho a Seguir Creando, II Encuentro Internacional de Artistas, ou, en materia docente La Evolución de los Derechos de Autor en el Mundo Digital da Universidade Complutense.


Yosi Domínguez (19h30 - 20h00) - Los Suaves

Yosi naceu, co nome de José Manuel Domínguez Álvarez, en Ourense, en 1948. En 1979 foi cofundador da banda de rock Los Suaves, xunto aos seus irmáns Charli e Xabier, baixista e batería do grupo respectivamente. Yosi non é tan só un veterano vocalista, un consagrado guitarrista e un rockeiro indomable: é tamén un dos mellores letristas de España, o que lle valeu o sobrenome de “O Poeta” co que o coñecen moitos dos seus seguidores. E é que as súas composicións están impregnadas de temas universais como o amor, a perda, o día a día, a morte, a noite, as mulleres e o sabor da derrota, sempre cun ton de inextinguible melancolía. Co tempo, as súas letras refináronse aínda máis e alcanzaron un maior calado, enchéndose de recursos literarios e afondando en cuestións existenciais. Este ton máis escuro e intimista plásmase en discos coma Si Yo Fuera Dios ou El Jardín de las Delicias. Ademais da letra, tamén creou a música de case todas as cancións da banda. Agora, no ano das súas 70 primaveras, aínda se mantén nos escenarios e resístese a apagar a súa máquina de crear. Inspirou a xeracións enteiras de fans, e logrou converterse naquilo ao que moitos rockeiros aspiran: lenda viva.


 

 

Lugar: Ourense | Liceo

 

También podría interesarte...