Entradas para ICC Week 2018 - Xestión Cultural - Axentes e referentes

ICC Week 2018 - Xestión Cultural - Axentes e referentes

Información adicional

ICC Week 2018 - Xestión Cultural - Axentes e referentes

  • 05 may 2018
  • 11:00h (CEST) Europe/Madrid
  • Desde 0,00 €
  • Fundación Otero Pedrayo, Amoeiro mostrar mapa
Información del evento

11h00 - 13h00 | Carlota Álvarez Bassó, Marta Gómez, AGPXC (Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural) Manuel Baltar. "XESTIÓN CULTURAL - Axentes e referentes"

 

Xestión de públicos: non quero que veñan, quero que volvan (11h00 - 12h00)

Carlota Álvarez Bassó, M.N. Centro de Arte Reina Sofía

Desde hai máis de 25 anos ocupou cargos de dirección en diferentes institucións culturais españolas. Na última década foi Directora Xeral de Planeamento e Avaliación do Concello de Madrid, onde redactou o PECAM 2013 - 2020 (Plan Estratéxico de Cultura do Concello de Madrid). Desde xaneiro do 2013 ata xaneiro do 2018 foi directora do Centro de Creación Contemporáneo Matadero-Madrid, e actualmente traballa na Subdirección Artística do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, onde leva Proyectos Especiales.


Presenta: Marta Gómez, xornalista e presentadora

Marta Gómez é licenciada en Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas con másters de especialización en Documentais Cinematográficos e Redes Sociais. Traballa en medios de comunicación públicos e privados dende 1998, especializándose na última década en programas culturais. Actualmente leva a sección musical dos programas Zigzag e Eirado na TVG, dous espazos que queren dar visibilidade a grupos galegos tanto emerxentes como consagrados, e dende onde se lle da cobertura a moitos dos eventos relacionados coa música que teñen lugar tanto en Galicia como no Norte de Portugal.


Premios Rodolfo Prada á Xestión Cultural (12h00 - 13h00)

No marco da ICC Week terá lugar a entrega do premio Rodolfo Prada, un galardón dirixido a profesionais da xestión cultural. Trátase dunha iniciativa convocada pola Deputación de Ourense en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. O premio é unha homenaxe ao galeguista Rodolfo Prada, nacido en Os Peares e emigrado a Arxentina, onde foi o gran valedor de Castelao e un referente para toda a comunidade galega.

AGPXC (Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural)

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) nace en maio de 2008 como un espazo de encontro e reflexión así como unha plataforma de representación profesional. Na actualidade, forma parte da Asociación unha representación ampla e plural, tanto do eido público como do privado. Entre os seus obxectivos destacan a representación e defensa dos intereses dos técnicos e xestores culturais da nosa comunidade, a facilitación aos socios de servizos de asesoría técnica e xurídica, a promoción da mellora das condicións para desenvolver a actividade dos xestores culturais, o reforzamento da figura do xestor cultural e a promoción do debate e o intercambio de experiencias en torno a temas relacionados co sector. A AGPXC prestouse a celebrar a súa xuntanza mensual nun acto de portas abertas para todos os asistentes á ICC Week, coa fin de achegar ao público as cuestións máis candentes da actualidade desta profesión na nosa comunidade.


Manuel Baltar Blanco (09h30 - 10h00)

Presidente da Deputación de Ourense. Graduouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1990 e é funcionario do corpo superior da administración da Xunta de Galicia e xefe do servizo xurídico da Xunta de Galicia en Ourense. Inspirado por programas de desenvolvemento de países industrializados, acuñou o termo "provincia intelixente" e aposta por políticas innovadoras que leven a Ourense  a desenvolver o seu potencial, a creatividade, o uso de ferramentas e competencias TIC, sen traizoar esa esencia rural e natural que fai de Ourense unha provincia única e singular.
 
Na actualidade é tamén vicepresidente de Partenalia, representante dos territorios termais europeos EHTTA, participou como relator na South Summit 2015 e representou a Ourense como único territorio europeo convidado como exemplo de territorio innovador e xestión, no Seminario Internacional 'Governança Metropolitana' que se desenvolve na cidade brasileira de Curitiba.

 


 

Lugar: Amoeiro | Casa de Otero Pedrayo

También podría interesarte...