Evento terminado

Entradas para ICC Week | O mundo do audiovisual, cine, tv e internet

ICC Week | O mundo do audiovisual, cine, tv e internet

Información adicional

ICC Week | O mundo do audiovisual, cine, tv e internet

Información del evento

10h00 - 12h00 | CONCHA FONTENLA: "A produción no cine e na televisión"

Concha Fontenla comeza a súa carreira profesional no equipo de produción da película “Descóngelate” (2002) tras terminar os seus estudos de Comunicación audiovisual en Pontevedra e no Ciclo Superior de Produción Audiovisual na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Desde entón e ata agora, formou parte do equipo de produción de títulos como “La vida secreta de las palabras” de Isabel Coixet, “La mala educación“, “Los abrazos rotos”, “Los amantes pasajeros” ou “Julieta” de Pedro Almodóvar, “Guerrila” de Steven Soderbergh, “Biutiful” de Alejandro González Iñárritu, “Red Lights” de Rodrigo Cortés, “Taken 3” con Oliver Megaton, ou “Tini”  para Disney Europa, entre outros proxectos.

Este ano encargouse da produción da serie para a TVG  “Dalia, a modista” de CTV. Na actualidade atópase preparando a longametraxe “Ons” como directora de produción e exerce como docente en diferentes cursos e másteres coa mesma paixón que nos seus comezos. A paixón dos que ven a produción cunha visión creativa e activa.


 

12h00 - 14h00 | OLIVER LAXE: "A travesía da película Mimosas. Como se fixo"

Oliver estudou cinema na Universidade Pompeu Fabra en Barcelona, antes de trasladarse a Londres, onde filmou a súa primeira curtametraxe "As chemineas decidiron Escapar" . Tras isto, debutou no mundo da longametraxe con "Todos vós sodes capitáns" que se estreou no Festival de Cinema de Cannes 2010, onde gañou o premio FIPRESCI. A súa seguinte película, "Mimosas", proxectouse no Festival de Cannes de 2016 onde gañou o Gran Premio da Semana da Crítica do pasado Festival de Cannes.

Na actualidade traballa na súa próxima longametraxe, "Aquilo que arde".

También podría interesarte...