Entradas para Bailar en hombre - Fernando López (Teatro Rosalía Castro)

Bailar en hombre - Fernando López (Teatro Rosalía Castro)

Información adicional

Bailar en hombre - Fernando López (Teatro Rosalía Castro)

Información del evento

Entradas para o espectáculo de danza “Bailar en hombre” de Fernando López en A Coruña

Data: 26 de maio de 2018

Horario:  20.30 h (Prégase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o aceso á sala).

Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña)

Entradas: 8’00 € (Carne xove, +65 anos, persoas desempregadas, - 20 %) (Familias numerosas, - 25 % (únicamente no despacho de billetes))

(Todos os que acedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios dos descontos deben amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do aceso ao recinto)

Danza flamenca e española

Bailar en hombre é un espectáculo que trata sobre a evolución dos códigos de xénero e sexualidade dentro do flamenco ao longo do século pasado.

A peza ten como fío condutor o percorrido de diferentes versións da Farruca, un xénero dancístico flamenco creado a principios do século XX e que se converteu, co transcurso dos anos, en emblema da masculinidade e do chamado “baile de home”. 

As relacións entre home e muller e as diferentes manifestacións de masculinidade e feminidade son algunhas das cuestións que, de maneira artística e pedagóxica, son tratadas neste espectáculo para ofrecer unha visión panorámica sobre as súas variacións antes, durante e despois do franquismo. 

Intérpretes: Irene Hernández Díaz, Fernando López

Autoría: Fernando López

Dirección: Elia Rodiere. 

Duración: 60 minutos 

 

 

 

 

También podría interesarte...