Event finished

Tickets for Carmen. Maquia - TitoYaya Dansa (Teatro Rosalía)

Carmen. Maquia - TitoYaya Dansa (Teatro Rosalía)

Additional info

Carmen. Maquia - TitoYaya Dansa (Teatro Rosalía)

Event information

Entradas para o ciclo TRC Danza – CARMEN.MAQUIA  en A Coruña

Danza Neoclásica

Data: 15 de novembro de 2019

Horario: 20.30  h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o espectáculo non se permite o acceso á sala)

Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña)

Entradas: 12,00 € €)(carne novo, +65 anos, persoas desempregadas, -20 %) (Familias numerosas, -25% (só no despacho de billetes))

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada de do acceso ao teatro)

(Se vostede merca entradas con desconto a través de tfno. ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)

 

CARMEN. Maquia é unha versión contemporánea do clásico de Merimée que mantén íntegro o seu argumento. Esta obra para 13 intérpretes foi cualificada por Chicago Sun como obra mestra e é unha peza de referencia que outras compañías, como Ballet Hispánico (Nova York) ou Ballet Met (Columbus), inclúen no seu repertorio. Para crear CARMEN. Maquia reúnense tres creadores: Gustavo Ramírez na dirección e creación coreográfica, o deseñador David Delfín, nun dos seus últimos traballos para danza, e Luis Crespo como escenógrafo habitual de Titoyaya Dansa. Dúas obras de Picasso en relación á Carmen de Mérimée serven de inspiración para a escenografía minimalista e para a elegancia e sobriedade que se deixa ver no vestiario ideado por David Delfín: Carmen 1949 e Le Carmen des Carmen, de 1964. Este traballo en branco e negro está moi presente na escena e defínea de principio a fin. CARMEN. Maquia foi publicada en formato blu-ray por Naxos USA, no programa Lincoln Center at the movies, cunha gravación en vivo realizada por Ballet Hispánico en Mesa Arts Center de Arizona e dispoñible para a súa distribución a nivel mundial.

TIOYAYA DANSA

Coreografía: Gustavo Ramírez Sansano.

Dirección: Gustavo Ramírez Sansano e Verónica García Moscardó

Intérpretes: Diana Huertas Cegarra, Esaúl Llopis, Itxasai Mediavilla, Jessica Martín Koloniar, Jozsef Forro, Julia Cambra, Juliette Jean, Jure Gostincar, Marie Pastorelli, Melanie López, Melodía García, Michele Scappa e Salvador Rocher.

Duración: 70 min