Event finished

Tickets for Entresoños | Vigocultura | 9 noviembre 21:00h.

Entresoños | Vigocultura | 9 noviembre 21:00h.

Additional info

Entresoños | Vigocultura | 9 noviembre 21:00h.

  • 09 nov 2019
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo show map
Event information

ENTRESOÑOS en Vigo

SÁBADO 9 DE NOVEMBRO 21:00 HORAS

Ese “Soño” que me invade cada noite facéndome crer algo que non son, pero que podería chegar a ser... e á vez o medo e a incerteza que me dominan que me fan voltar a ese estado de consciencia que me di que non é máis ca un “Soño” e que non deixará de ser nunca máis ca iso...

Dentro do meu “Soño” teño ledicia, total liberdade de expresión e movemento. Non importa con quen, para quen, de que xeito e onde. Só importa a música e o movemento que o meu corpo xera ao sentila.

É o meu “Soño”, só mando eu. Dentro del non hai medos nin complexos. No “Soño” podo facer voar a miña imaxinación a límites insospeitados, límites inalcanzables para min ao espertar cada mañá desa cama. No meu “Soño” podo bailar como sei, exprimindo o máis pequeno anaco de creatividade sen medos nin prexuízos por que é o meu “Soño”. A miña obra que cada noite me invade, apoderándose da miña inconsciencia e facéndome vivir o que fora desa cama non me atrevo a amosar.

 

 

Compañía: Fran Sieira

Espectáculo: ENTRESOÑOS

Xénero: danza tradicional

Autoría e coreografía: Fran sieira

Dirección e adaptación: Fran Sieira e David Vilarinyo

Escenografía: Vanesa Hernández (DiiVANT)

Deseño de son e música: Anxo Pintos

Deseño de iluminación: Luis Perdiguero

Vestiaro: Alessio Meloni

Elenco artístico: Fran Sieira, Xisco Feijoo e Aida Tarrío

Idioma: galego

Idade recomendada: público adulto

Duración: 65 minutos

Prezo: 8 €

 

 

Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano.

Entradas para eNTRESOÑOS en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 8 e 9 de novembro

As entradas teñen un prezo de 8€ 

Non quedes sen elas!!