Event finished

Tickets for EMHU - El mundo today (Teatro Colón)

EMHU - El mundo today (Teatro Colón)

Additional info

EMHU - El mundo today (Teatro Colón)

Event information

Entradas para EL MUNDO TODAY en A Coruña

Data: 18 de maio de 2019

Horario: 16.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o espectáculo non se permite o acceso á sala)

Lugar: Teatro Colón (A Coruña)

Entradas: 10,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20 %) (Familia numerosa, - 25 % (só no despacho de billetes))

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espetáculo deben facelo con entrada)

(Se vostede merca entradas con desconto a través de tfno. ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)

EL MUNDO TODAY é o medio satírico máis coñecido do noso país, celebra o seu décimo aniversario cun boletín en vivo no que repasará as súas mellores noticias. Éxitos como «Unha anciá invoca ao demo nun curso de inglés», «Operan a un vasco con anestesia», «Pide mimos e o seu marido contrata a sete» ou «Telecinco emite por erro oito segundos dun documental» non faltarán neste informativo que contará tamén con conexións en directo de última hora, previsións meteorolóxicas e chiscadelas á actualidade política. 

Kike García (Barcelona, 1981) e Xavi Puig (Barcelona, 1980), licenciados en Filosofía e Comunicación Audiovisual, son coñecidos principalmente por ser os responsables do diario satírico máis coñecido de España, aínda que tamén colaboraron en radio, prensa e televisión. Entre os dous suman catro gatos e un can. 

 

Duración: 50 min

Espectáculo en castelán

Humor satírico

Recomendado a partir de 16 anos