Event finished

Tickets for EMHU - No te metas en política tour (Teatro Colón)

EMHU - No te metas en política tour (Teatro Colón)

Additional info

EMHU - No te metas en política tour (Teatro Colón)

Event information

Entradas para NO TE METAS EN POLÍTICA con FACU DÍAZ e MIGUEL MALDONADO en A Coruña

Data: 17 de maio de 2019

Horario: 19.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o espectáculo non se permite o acceso á sala)

Lugar: Teatro Colón (A Coruña)

Entradas: 16,00 / 18,00 € (1ª fila de principal, visibilidade reducida, 14,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20 %) (Familia numerosa, - 25 % (só no despacho de billetes))

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espetáculo deben facelo con entrada)

(Se vostede merca entradas con desconto a través de tfno. ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)

NO TE METAS EN POLÍTICA, TOUR é un show baseado no latexa night emitido en YouTube da man dos humoristas Facu Díaz e Miguel Maldonado. Despois de dúas tempadas completas con entradas esgotadas en Madrid, Díaz e Maldonado lánzanse á estrada para levar a súa peculiar maneira de entender a actualidade a todas partes. Neste novo espectáculo, os mozos cómicos repasarán tanto os acontecementos máis destacados do panorama político como o trato que reciben por parte dos medios de comunicación. Un catalán de orixe uruguaia e un murciano chegan á cidade: apártense ou se farán dano. 

Facu Díaz (Montevideo, 1993) presentador e humorista é famoso polos seus comentarios polémicos en Twitter onde lle seguen 168.000 persoas. Foi o director do programa La Tuerka News. Actualmente forma parte do proxecto humorístico No te metas en política ( NTMEP), co cómico Miguel Maldonado e colabora no programa Late Motiv de Andreu Buenafuente. Anteriormente xa se subiu aos escenarios en solitario co seu monólogo Pido disculpas co que virou por todo o país cultivando grandes éxitos.

Miguel Maldonado (Murcia, 1986) licenciado en Historia da arte, traballou como realizador na canle de YouTube La Tuerka. Alí coñeceu a Facu Díaz e pasou de estar detrás das cámaras para poñerse diante en La Tuerka News. A audiencia do programa creceu de tal maneira que naceu No te metas en política, un experimento que engloba YouTube e teatro. Os éxitos cultivados con NTMEP en YouTube e coa xira en teatros, así como a súa presenza na rede (ten 57.700 de seguidores en Twitter) levou a Miguel Maldonado a posicionarse entre os cómicos máis relevantes do momento e a participar como colaborador fixo en Late Motiv de Andreu Buenafuente. 

 

Duración: 120 min

Espectáculo en castelán

Humor político

Recomendado a partir de 16 anos

 

 

 

 

Could be of your interest...