Evento terminado

Entradas para FKM - A Coruña: Bad Taste,Green Room y Sesión Doble

FKM - A Coruña: Bad Taste,Green Room y Sesión Doble

Información adicional

FKM - A Coruña: Bad Taste,Green Room y Sesión Doble

  • desde 27 oct a 29 oct
  • Los Cantones Village - Cines Cantones , A Coruña mostrar mapa
Información del evento

A compra do [BONO 10 GREEN ROOM + BAD TASTE + SESION DOBLE] farase pinchando no día 27.

 

Xoves 27 OUT 22:30h CANTONES CINES

Green Room (Jeremy Saulnier, 2015) 94’ V.O.S.E.

Entrada: 2,90 €. [BONO 10€ inclúe Homenaxe Herschell Gordon Lewis + Bad Taste (Peter Jackson, 1987)]

Tras unha longa e pouco exitosa xira, unha banda de Punk Rock --The Ain’t Rights-- é inesperadamente contratada para tocar nun descoñecido club situado nunha perdida paraxe de Oregón. O que debería ser soamente un concerto nun local de terceira categoría, convértese nun angustioso e claustrofóbico pesadelo ao toparse o grupo, entre bastidores, cun horrible acto de violencia.

Intensa, emocional e ingeniosamente retorta, Green Room é unha boa mostra do mellor cinema de xénero, como o demostra a entusiasta acollida que tivo na súa premier no Festival de Cannes (2015). Jeremy Saulnier (Murder Party, Blue Ruin) continúa forxándose unha apreciable reputación como un dos directores máis orixinais e interesantes da actualidade. Atención máxima ao rol e a interpretación do veterano Patrick Stewart (Star Trek: la nueva generación, X-Men), así como ao traballo dos mozos Anton Yelchin (Odd Thomas, Sólo los amantes sobreviven), Imogen Poots (Las novias de mis amigos, Lio en Broadway), Callum Turner (Reina y patria, Viktor Frankenstein), Alia Shawkat (Roller Girls, La hija de mi mejor amigo) e Joe Cole (Ahora y siempre, Mejor otro día).

Jeremy Saulnier (Virginia, USA, 1976). É un realizador e director de fotografía establecido en Brooklyn. Pasou a súa mocidade facendo películas de acción en super-8 cos seus amigos nos suburbios de Alexandria, Virginia. Máis tarde estudou cinema na New York University. A súa segunda longametraxe, o thriller Blue Ruin, estreouse en 2013 na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes, alzándose co premio FIPRESCI. Posteriormente, a película conseguiu outros galardóns, entre eles o premio ao Mellor Director no Festival Internacional de Cine de Gijón 2013. Previamente, Saulnier dirixiu a premiada curtametraxe Crabwalk (2004) e a afamada comedia de terror Murder Party (2007). Entre os seus traballos como director de fotografía, destacar Septien (Michael Tully, 2011) e as súas colaboracións xunto ao director Matthew Porterfield en Hamilton (2006), Putty Hill (2010) e I Used to Be Darker (2013).

 

 

Venres 28 OUT 00:00h CANTONES CINES

Bad Taste (Peter Jackson, 1987) 97' V.O.S.E.

Entrada: 4,50 €. [BONO 10€ inclúe Homenaxe Herschell Gordon Lewis + Green Room (Jeremy Saulnier, 2015)]

Moito antes de alternar con Hobbits, Ananos, Elfos e charramangadas varias, a Peter Jackson gustáballe convivir con alieníxenas devoradores de hamburguesas de ser humano e cultivar un desquiciante humor surrealista. A súa ópera prima é unha película de culto filmada os fins de semana ao longo de catro anos, coa axuda de amigos e veciños. Uns extraterrestres, verdadeiros Trolls, invaden o pobo de Kaihoro, en Nova Zelandia. Os habitantes do pobo son asasinados para converterse en comida rápida. O goberno envía a catro macarras para deter a invasión. Un descoidado e torpe

vendedor é atrapado e levado á gorida dos marcianos, onde sementa o caos e o ridículo até a aniquilación.

 

Acción absurda e frenético gore para unha comedia extraterrestre.

 

Sabado 29 OUT 21:00h ÁGORA

HOMENAXE AO PADRIÑO DO GORE: HERSCHELL GORDON LEWIS con Jimmy Maslon e Yoni Mediogramo

Sesión Dobre: Blood Feast (1963) + Two Thousand Maniacs! (1964) V.O.S.E.

Entrada: 6 €. [BONO 10€ inclúe Bad Taste (Peter Jackson, 1987) + Green Room (Jeremy Saulnier, 2015)] 

En colaboración coa Semana de Cine Fantástico y de Terror de San Sebastián, FKM renderá homenaxe ao Padriño do Gore, Herschell Gordon Lewis, cunha maratón sanguenta na que nos deleitaremos con dous dos seus mellores traballos; Blood Feast (H.G. Lewis, 1963) e Two Thousand Maniacs! (H. G. Lewis, 1964). No evento o incorrixible Yoni Mediogramo  presentaranos ao produtor e amigo íntimo de Herschell, Jimmy Maslon.

O evento inclúe un cátering (ás 21:00h), degustacións de Jägermeister e festa final con barra e musiqueo a cargo de AlexBigVoxxMan. Ao rematar a festa poranse a disposición do público 2 autobuses con paradas en Riazor, Pza Pontevedra e Campo dá Leña.

Blood Feast (H.G. Lewis, 1963)

Uns misteriosos asasinatos sucédense nun pobo norteamericano. Un cociñeiro exipcio, chamado Ramsés, é contratado por unha nai para preparar a comida da festa da súa filla. Ramsés é un tipo aplicado e decide facer un prato que ninguén fixo en 5.000 anos.

Mística exipcia, sacrificios rituais, personaxes raros, cociña de autor caníbal e litros de sangue a toda cor. Unha película cualificada de insana, na que Herschell explora “unha área diferente do noxo”. Pouco importaba que os actores fosen malos, os efectos de baratillo (a pintura vermella e os emplastos de chicle)... “o que importaba é que estaban a ver algo que non viran antes”.

Two Thousand Maniacs! (H.G. Lewis, 1964)

Unha aldeíña sureña norteamericana, cun sentido do humor un tanto extravagante, planifica un xeito moi particular de celebrar o seu centenario. Seis incautos turistas do norte descubrirán o que é unha festa de pobo.

Desternillante historia que inaugura o prototipo do paleto-psicópata-asasino-descuartizador. O humor e o gore uníanse aquí para proporcionar ao espectador unha experiencia delirante. É a película da que máis orgulloso estaba Herschell Gordon Lewis. 

Inspirou (entre moitos outros) a un mozo Antonio Branco para facer en 1993 La Matanza Caníbal de los Garrulos Lisérgicos, “posiblemente a película máis asquerosa, cutre e divertida de todos os tempos”, un fito do cinema gore realizado en España.

Herschell Gordon Lewis (15 de Xuño 1929- 26 de setembro 2016), Pai do cinema Gore, Primeiro Rei do Exploit e pioneiro do cinema de terror máis visceral, é historia do cinema de xénero independente. Un mestre que converteu na súa filosofía, o facer as películas que as grandes produtoras nunca farían, e no seu leitmotiv, o traspasar todas as leis, escritas ou non, do politicamente correcto. A día de hoxe, segue sendo o responsable de todas as películas sanguentas feitas durante os últimos cincuenta anos. Xa que sen Herschell Gordon Lewis non existirían George A. Romero, Sam Raimi, John Waters, Peter Jackson, Lucio Fulci ou William Lustig, entre outros.

Nos anos sesenta HGL era un profesor de literatura inglesa que quería entrar no mundo da publicidade e para facelo pola porta grande mercou unha sofisticada cámara de 35mm. Ao non conseguilo, decidiu rendibilizar o recentemente adquirido equipo rodando as películas que Hollywood xamais faría. En 1960 alíase con David F. Friendman e, tras o seu paso polo cinema nudie, en 1963, cociñan xuntos Blood Feast, a película co inscribiría na historia da sétima arte grazas a un potente gancho visual; a mutilación explícita do corpo humano, acompañada de grandes doses de sangue.

Con esta película rompía o último tabú de cinema e Herschell Gordon Lewis convertíase con ela no Pai do Gore.

Blood Feast foi un fito do cinema, sendo unha das películas máis rendibles da época e abrindo o camiño a todas as que chegaron detrás. Tal foi o éxito, que as grandes produtoras de Hollywood tomaron exemplo e así naceron películas como; Bonnie and Clyde (Arthur Penn, 1967) ou The Wild Bunch (Sam Peckimpah, 1969). Blood Feast foi masacrada pola crítica e provocou que a censura

fixese unha regulación específica para a cantidade de sangue e violencia que se podía ver nunha película. Todas estas novas leis contribuíron a aumentala publicidade da mesma e a convertela na película de culto que é a día de hoxe.

Dúas semanas despois de Blood Feast roda en branco e negro Scum of the Earth (1963), ao estilo roughie movie. Despois chegaron, Two Thousand Maniacs! (1964) e Color Me Blood Red (1965), seguindo a mesma fórmula de sangue a toda cor. En She Devils on Wheels (1968) ocórreselle mesturar as rendibles películas de motoristas violentos co gore, e ademais fai que as pelexas sexan entre bandas de mulleres motoristas. Éxito asegurado. Con The Wizard of Gore (1970) explora o mundo do grand guignol até o torture porn. Tras The Gore Gore Girls (1972), e o seu socarrón protagonista, abandonará o cinema para dedicarse, por fin, á publicidade. Voltará a rodar, fará cameos e finalmente converterase en lenda.

A gran cantidade de sangue derramado a toda cor sobre a pantaia nestas películas causou gran sensación en cineastas en todo o mundo, que comezaron a saturar as súas novas producións con efectos visuais impactantes de maneira similar.

Longa vida ao gore!

 

 

También podría interesarte...