Evento terminado

Entradas para Festival Primos Hermanos 2016 - Santiago

Festival Primos Hermanos 2016 - Santiago

Información adicional

Festival Primos Hermanos 2016 - Santiago

  • desde 20 feb a 21 feb
  • desde 0,00 €
  • Varios Recintos, Santiago de Compostela mostrar mapa
Información del evento

 

O festival Primos Hermanos xorde do agarimo e simpatía que comparten as comunidades galega e asturiana. Deste xeito, búscase establecer un intercambio cultural, centrado na música independente, entre ambos os territorios.

Ademais, tanto en Santiago como en Oviedo, celébrase unha comida de irmandamento baseada na gastronomía galega e asturiana, respectivamente,  seguida dunha prolongada sobremesa. Nese momento, realizaranse outras actividades complementarias e, tamén, intercambiaranse posturas respecto do estado da escena musical nas dúas autonomías.

A cantautora alemá afincada en Asturias, Fee Reega, e o grupo power-pop Thee Operators serán dous dos protagonistas do festival Primos Hermanos, que terá lugar o próximo 20 de febreiro en Santiago de Compostela.

O evento, organizado pola asociación sen ánimo de lucro Desconcierto Cultural, completa o seu cartel conformado exclusivamente por artistas asturianos coa participación da banda soul-rock Autotan, o grupo de garage Bobkat'65, e o cabaré vangardista de Rodrigo Cuevas.

Todas as actuacións se distribuirán nos locais composteláns do Embora (Rodrigo Cuevas), a Casa das Crechas (Autotan e Fee Reega) e o Cachán Clube (Bobkat'65 e Thee Operators). Tamén se celebrará un xantar de confraternidade galego-asturiana no restaurante Resas.

 

O festival terá unha segunda cita o próximo 5 de marzo en Oviedo que, nesta ocasión, estará protagonizada por artistas e grupos galegos. En concreto, desprazaranse á comunidade veciña diola, Os amigos dos músicos, Músculo!, Malandrómeda e Lengorón. Na capital ovetense contarase coa colaboración dos locais La Lata de Zinc e La Salvaje.

También podría interesarte...