Evento terminado

Entradas para Minho Reggae Splash 2017

Minho Reggae Splash 2017

Información adicional

Minho Reggae Splash 2017

  • desde 01 sep a 02 sep
  • Espazo Fortaleza, Goían - Tomiño (Pontevedra), Goián mostrar mapa
Información del evento

Minho Reggae Sunsplash 2017

Festival Internacional Transfronteirizo do Miño, Minho Reggae Sunsplash 2017. 

1 & 2 de Setembro.

O Minho Reggae Splash chega á súa oitava edición formando parte da rede europea de festivais de música reggae. Este proxecto xorde como actividade principal da Asociación Cultural Minho Reggae, colectivo que apoia e fomenta a música, a arte e un estilo de vida consciente e respectuoso co entorno a través das diversas actividades culturais que desenvolve ao longo do ano .

O colectivo conta con máis de dez anos de experiencia en produción e xestión de festivais e eventos musicais tanto no estado como en Portugal.

Cun concepto e estilo musical concreto, o público achégase dende diferentes puntos da xeografía peninsular, motivados por una oferta cultural e de ocio alternativa, capaz de amosar e inculcar uns valores e principios que teñen os seus alicerces na cooperación, respecto á diversidade, ecoloxismo e sustentabilidade.

O eixo principal deste proxecto é, como o seu nome indica, o Río Miño, mais non ten una connotación fronteiriza, senón que tenta ser un nexo de irmandade e símbolo de unión entre diferentes pobos e diferentes culturas, amosando ao resto do mundo que unha das características dos galegos é o respecto e a unión sociocultural.

O festival Minho Reggae Sunsplah é, en definitiva, un evento sociocultural transfronteirizo centrado na música reggae e nas representacións artísticas que mestura a distintos colectivos e asociación culturais de Galicia, España, Portugal, Europa, America, Africa, Xamaica, entre outros, co fin de difundir o reggae e a súa filosofía.

Concertos ao vivo, espectáculos artísticos, obradoiros, charlas, proxeccións, etc. Un conxunto de actividades que pretenden ofrecer unha programación de calidade, variada e para todo tipo de público.

Entradas para Minho Reggae Sunsplash 2017 en Espazo Fortaleza, Goían, Tomiño, Pontevedra o 1 e 2 de Setembro.

As entradas para Minho Reggae Sunsplash 2017 teñen un prezo dende 15€ + gastos de xestión. 

¡Non te quedes sen as túas entradas!

 

También podría interesarte...