Entradas para Festival Rock and Dorna

Festival Rock and Dorna

Información adicional

Festival Rock and Dorna

  • Del 18 jul al 25 jul
  • Calles y Plazas de Ribeira, Riveira mostrar mapa
Información del evento

Dende os seus inicios no ano 1948, a música xoga un papel fundamental dentro do programa de actividades da Festa da Dorna. De feito, a primeira e practicamente única actividade que se facía para conmemorar o día da Dorna era un gran baile ao que acudían os veciños e veciñas da cidade.

Co paso dos anos, a música comezou a gañar presenza na Dorna, ata o momento actual no que, durante os días de festa, celébrase un festival musical que enche de música as rúas de Ribeira.

Variedade de estilos musicais danse cita na actualidade en Ribeira durante os días da festa con   grandes concertos e actuacións en pequeno formato.

Co paso dos anos, a programación musical da Festa da Dorna fíxose co seu lugar dentro do panorama de festivais de Galicia. Nesta edición, entre o 18 e o 24 de xullo, actuarán neste marco un total de 22 grupos e agrupacións, todas elas galegas.

A música galega ten unha especial presenza en cada unha das edicións. Así, na pasada edición do 2017, o 95% das actuacións foron en galego.

 

A diversidade de estilos (pensando en atraer e agradar a persoas de diversas idades)  tamén foi un referente na pasada edición, onde dende as persoas máis novas ata os maiores, familias e mocidade tiveron cabida. Ademais, o festival Rock and Dorna reserva sempre dentro do seu cartel un espazo para novas bandas e espectáculos, converténdose nun escaparate idóneo de promoción de novas propostas, aproveitando a repercusión que este ten en Galicia. Así, cada ano, bandas de referencia a nivel galego comparten cartel con bandas locais axudando, deste xeito, á súa promoción. Como mostra, debemos subliñar, entre outras,  que a primeira actuación da banda Supernatural, que agora se atopa de xira polas principais salas galegas, tivo lugar no Rock and Dorna no ano 2016.

También podría interesarte...