Entradas para o espectáculo del Mago Teto “O Alquimista” en A Coruña
Data: 22 de setembro de 2018
Horario: 19.00 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o aceso á sala)
Lugar: Fórum Metropolitano (A Coruña)
Entradas: 5,00 € (Abono 3, 3 persoas que asisten ao mesmo espectáculo, 12,00 €) (menores de 3 anos, 2,00 €)
(Todos os que acedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)
Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal.
O soño dos alquimistas era dominar a natureza, o lume, e finalmente o tempo.
Os alquimistas crían que a pedra filosofal podería concederlles tanto a cura de todas as enfermidades para gozar da vida eterna como a riqueza, transformando metais en ouro. Cando conseguían estes logros, coñecíase como “A gran Obra”.
Nesta nova aventura, o mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, ponse na pel dos alquimistas perseguindo o seu soño e buscando a pedra filosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón, a felicidade!!.
A felicidade do público e do propio mago e así lograr a súa “Gran Obra”.
Auga, terra, lume e aire farán posible esta nova aventura do mago Teto.
Público familiar Duración: 75 minutos Idioma: galego