Evento terminado

Entradas para Alberte Montes 10 anos

Alberte Montes 10 anos

Información adicional

Alberte Montes 10 anos

Información del evento

 

ALBERTE MONTES, 10 ANOS

“As mellores historias dunha década de comedia”

 

Alberte Montes fai un repaso aos seus dez anos na comedia. Ofrecerá as súas mellores ocorrencias mesturadas con actualidade e improvisación.  

O cóctel explosivo de sempre, un “greatests hits”.

 

ALBERTE MONTES, O ARTISTA

Alberte Montes é quirogués, actor, guionista, director, locutor... e di a súa nai que non fai nada. Formouse como actor no Estudi Nancy Tuñón i Jordi Oliver de Barcelona e conta con experiencia en cine, televisión e teatro profesional. Ten representado espectáculos en varios teatros de Barcelona como Teatreneu ou Teatre Llantiol

No terreo audiovisual participou nunha ducia de curtametraxes, algúns deles premiados a nivel nacional (2OS),  e nas longametraxes REC 4 de Jaume Balagueró e El olivo de Icíar Bollaín.

Colaborou en programas televisivos da produtora El Terrat como SalvadosBuenas noches y Buenafuente ou En el Aire e noutros da Televisión de Galicia como A Solaina e Tourilandia

No 2016 foi un dos actores principais na súa primeira ficción televisiva para esta canle autonómica, "Augasquentes", e no 2018 foino na serie “Fariña”, producida por Bambú Producciones para Antena 3; Alberte Montes deulle vida ao arrepentido Manuel Padín

Dende a tempada pasada é colaborador habitual os luns no programa “Los lunes al Gol” e esta tempada tamén participa en "Los Infiltrados" de luns a venres; ambos programas da canle televisiva GOL

Acumula máis de 1.000 actuacións en directo como monologuista profesional nos seus DEZ ANOS de carreira, coincidindo no escenario con artistas como Ignatius, Luís Álvaro, Álvaro Velasco, Albert Boira,Toni Moog ou Carlos Blanco. Percorreu gran parte do territorio nacional e forma parte do elenco de cómicos do canal Comedy Central, onde xa gravou dous monólogos para o programa Central de Cómicos.  

 

 

También podría interesarte...