Evento terminado

Entradas para Noite de risas con Oswaldo Digon

Noite de risas con Oswaldo Digon

Información adicional

Noite de risas con Oswaldo Digon

  • 15 mar 2018
  • Edificio Multiusos de Monforte de Lemos, Monforte de Lemos mostrar mapa
Información del evento

Oswaldo Digón, lugués de San Román de Cervantes, chega a Monforte de Lemos co mellor dos seus monólogos. Está nun momento envexable sendo xa coñecido a nivel nacional e considerado como un dos grandes monologuistas galegos.

Hai anos tivo o espazo “Os monólogos de Oswaldo” no programa “LUAR” da TVG. Durante esta etapa coñeceu e conectou con PROMOTORA 600 que confiou no seu talento para producirlle o espectáculo unipersoal de comedia DIÁLOGOS EN 3D que estivo durante 4 tempadas no Teatro La Villarroel de Barcelona e durante varias tempadas no Teatro Reina Victoria de Madrid e no Teatro Talía de Valencia. Actualmente xira co espectáculo "GENTE TRISTE" e "ANECDOTOLOXÍA" ademais de formar parte do elenco de cómicos que actúan en galas organizadas por toda España baixo a marca LAS NOCHES DEL CLUB DE LA COMEDIATamén destaca nas facetas de improvisador con espectáculos coñecidos e de éxito en Coruña e como guionista de pezas teatrais, radio e televisión, sendo de destacar que participou cos seus guións nas tempadas dos programas de éxito da TVG "Tourilandia" e "A Casa da Conexa" con Xosé Antonio Touriñáne e Marcos Pereiro. Actualmente tamén guioniza a Webserie Galicia Crime.

En audiovisual participou na TVG, nas series: Escoba e Luci, nos programas: A Casa da Conexa e Tourilandia e a nivel nacional nos programas: Ilustres Ignorantes, Sopa de Gansos e Especial Fin de Ano 2018 para TVE. Tamén é actor habitual na Webserie Galicia Crime.

 

XOVES 15 de MARZO de 2018

20.30 H.

EDIFICIO MULTIUSOS DE MONFORTE DE LEMOS

ENTRADAS 8 € ANTICIPADA

PARA MAIORES DE 12 ANOS

 

 

También podría interesarte...