Event finished

Tickets for A nena que quería navegar (Teatro Colón)

A nena que quería navegar (Teatro Colón)

Additional info

A nena que quería navegar (Teatro Colón)

Event information

Entradas para A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR  en A Coruña

Data: 17 de febreiro de 2019

Horario: 19.00 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)

Lugar: Teatro Colón (A Coruña)

Entradas: 6,00 € (abono 3, 15,00 €) (menores de 3 anos, 2,00 €) 

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

REDRUM TEATRO

Espectáculo destinado a un público familiar, principalmente infantil, de entre 6 e 12 anos, que trata un tema que nos preocupa e que tristemente cada pouco acapara as portadas de todos os xornais, o acoso escolar ou bullying.

Nel contamos a historia dunha rapaza sen nome que, farta de insultos, empurróns e illamento social, foxe da escola para non volver nunca máis. Na súa aventura atopará ao Xeadeiro, un personaxe máxico e vital que lle devolverá a autoestima perdida a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, que lle ensina que dentro de cada un de nós se agocha un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de conseguir todo o que nos propoñamos.

Autores: Alex Sampayo e Borja F. Caamaño

Dirección: Alex Sampayo

Intérpretes: Laura Míguez, Guillermo Carbajo e Carlos Álvarez-Ossorio

Espectáculo en lingua galega

Duración: 50 min

 

Could be of your interest...