Tickets for Bitels Para Bebés | Vigocultura | Domingo 10 17:30h

Bitels Para Bebés | Vigocultura | Domingo 10 17:30h

Additional info

Bitels Para Bebés | Vigocultura | Domingo 10 17:30h

  • 10 nov 2019
  • 17:30h (CEST) Europe/Madrid
  • From €5.00
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo show map
Event information

BITELS PARA BEBÉS en Vigo

DOMINGO 10 DE NOVEMBRO 17:30 HORAS

Catro músicos e movemento e unha bailarina convidan a bebés, nais e pais a participar dunha cálida e emocionante homenaxe a The Beatles.

Unha proposta visual e sonora na que cativas e persoas adultas gozan dunha selección de cancións con arranxos sofisticados, interpretadas por músicos con ampla experiencia profesional.

Todo isto arroupado por unha escenografía suxestiva, xogos con vídeos interactivos e a participación do público con instrumentos de percusión.

As nenas e nenos e as persoas adultas cantarán, bailarán, interactuarán, xogarán e gozarán da música, o movemento e unha contorna visualmente atractiva e recoñecendo temas universais.

 

 

Compañía: La Petita Malumaluga

Espectáculo: BITELS PARA BEBÉS (concerto tributo a The Beatles)

Xénero: danza e música para bebés

Autoría: Albert Vilà e Eva Vilamitjana

Dirección e adaptación: Eva Vilamitjana e Albert Vilà

Escenografía: La Petita Malumaluga (colabora Paula Bosch)

Deseño de son, de iluminación e vestiario: La Petita Malumaluga

Música: Jordi Bello

Coreografía: Eva Vilamitjana

Elenco: Alba Haro/Eduard Raventós (cello), Asier Suberbiola/Laura Marín (violín), Hugo Astudillo/Nil Villà (clarinete e saxo soprano), Albert Vilà (percusións) e Eva Vilamitjana (danza)

Idade recomendada: 0-3 anos

Duración: 35 minutos

Prezo: 5 € (1 persoa adulta + 1 bebé en escenario). Resto de acompañantes en patio de butacas con visibilidade reducida, de balde até completar capacidade.

 

 

Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano.

Entradas para Bitels Para Bebés en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 10 de novembro

As entradas teñen un prezo de 5€ 

Non quedes sen elas!!

 

Could be of your interest...