Event finished

Tickets for A CASA DO TERROR | PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA

A CASA DO TERROR | PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA

Additional info

A CASA DO TERROR | PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA

  • 02 dec 2018
  • Pazo da Cultura de Pontevedra., Pontevedra show map
Event information

A Casa Do Terror en Pontevedra

Non perdas a obra A Casa do Terror o próximo domingo 2 de decembro do 2018 no Pazo da Cultura do Pontevedra a partir das 18:00 horas, dentro da programación de Culturgal 2018. 

A Casa do Terror é unha aventura escrita por Xoán Curiel, na cal un grupo de amigos vese obrigado a durmir nunha casa encantada e vive aventuras divertidas e terroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos propios medos.

A perspectiva do terror é abordada neste conto dun xeito divertido e lévase a cabo a través de personaxes divertidas comaas pulgas sombis, o lobo lover, ratatiburóns, gativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma, e un longo etc… É unha historia moi positiva no que se fala da importancia da confianza nos desafíos da vida que aos nenos e nenas lles poden producir medo. 

 

Ademais dun libro disco, A Casa do Terror é un divertido e dinámico espectáculo musical con cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e sobre todo moita participación do público asistente.

Tras o seu éxito con Estamos no verán!!!, Xoán Curiel e a Banda do Verán presentan un musical infantil e familiar moi rockeiro e terroríficamente divertido. Un espectáculo que se desenvolve entre cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e, sobre todo, moita participación do público asistente que será o protagonista desta aventura musical.

Duración: 70 minutos aprox. / Espectáculo musical e teatral participativo. / Idades recomendadas: Maiores de 4 anos

Entradas para A Casa do Terror na Pazo da Cultura do Pontevedra

As entradas para a obra A Casa do Terror no Pazo da Cultura do Pontevedra teñen un prezo desde 5 euros + gastos de xestión.