Event finished

Tickets for Encontro: Novos modelos profesionais para o audiovisual

Encontro: Novos modelos profesionais para o audiovisual

Additional info

Encontro: Novos modelos profesionais para o audiovisual

  • 09 nov 2017
  • From €0.00
  • Centro Ágora, A Coruña show map
Event information

IMPORTANTE: CAMBIO DE LOCALIZACIÓN. Se ben no ticket pon "Centro Ágora", o lugar definitivo será o Paraninfo da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza, 9). 

 

Coa penetración, cada vez maior, do vídeo en internet, xorden novas oportunidades profesionais para o sector audiovisual. Máis alá das canles tradicionais e dos intermediarios clásicos, aparecen novas plataformas e novos clientes: as marcas queren producir vídeo para comunicar e vender os seus produtos, xorden novos formatos pensados para a rede, e tamén novos perfís profesionais necesarios para sacarlle o máximo partido aos vídeos a través das novas canles. Todo un novo escenario que cómpre coñecer, tanto para os novos talentos que se incorporan agora ao mercado profesional, como para os máis experimentados que buscan actualizar o seu campo de traballo.

 

 

Este encontro pretende coñecer de perto estas novas posibilidades, a partir de casos prácticos, xuntando o punto de vista dos profesionais e o dos clientes para analizar o novo escenario. E tamén quere servir como ferramenta de contacto entre as empresas e o talento emerxente. Sen esquecer unha parte importante: cales son as condicións materiais deste novo escenario profesional? Na procura de modelos de traballo sustentables que eviten a precariedade facilitaremos a proposta de boas prácticas para clientes, empresas e traballadores, cunha ollada especial ás condicións do traballo autónomo neste sector.

 

En canto ao formato, proponse unha sesión aberta de mañá con dúas mesas redondas:

 

10h. Panel: A quen venderlle o meu traballo? Novas profesións, novos clientes, novos mercados. Con profesionais da produción, a animación e a realización audiovisual.


12h. Máis alá do spot. O vídeo na publicidade dixital. Formatos e soportes.  Con axencias de publicidade tradicional e dixital e representantes de marcas que son clientes deste tipo de produtos.

Could be of your interest...