Evento terminado

Entradas para O berce de Donaire (Ágora)

O berce de Donaire (Ágora)

Información adicional

O berce de Donaire (Ágora)

Información del evento

Entradas para O berce de Donaire en A Coruña

•     Data: 28 de abril de 2018

•     Horario:  17.30 h  

•     Lugar: Ágora (A Coruña)

•     Prezo: 3’00 € (Carne xove, +65 anos, persoas desempregadas, 2’00 €) 

      (Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

      (Os beneficiarios dos descontos deben amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao recinto)

Organiza: Asociación Cultural Donaire

 

O festival infantil “O Berce de Donaire” nace pola inquedanza da A.C. Donaire de que os cativos tamén teñan o seu espazo para amosar todo o que aprenden nas escolas de música e bailes tradicionais. A primeira edición celebrouse no ano 2010, e dende aquela chegaron nestes anos grupos de gran parte da xeografía galega.

Nesta novena edición acompañarannos "Os Rueiriños" dende o veciño concello de Oleiros e tamén a escola do Centro Cultural "A Pontevella" de Teo nun festival que se celebrará o sábado 28 de abril no Centro Ágora.

 

 

 

 

 

También podría interesarte...