Tickets for O loro de Carlos V (Teatro Colón)

O loro de Carlos V (Teatro Colón)

Additional info

O loro de Carlos V (Teatro Colón)

  • From 05 dec to 06 dec
  • From €15.20
  • Teatro Colón, A Coruña show map
Event information

Entradas para a ópera O LORO DE CARLOS V en A Coruña

Datas: 5 e 6 de decembro de 2019

Horario: 20.30  h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o espectáculo non se permite o acceso á sala)

Lugar: Teatro Colón (A Coruña)

Entradas: 21,00 / 23,00 / 25,00 € (1ª fila de principal, VR (visibilidad reducida), 19.00 €)(carne novo, +65 anos, persoas desempregadas, -20 %) (Familia numerosa, - 25 % (só no despacho de billetes))

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada de do acceso ao teatro)

(Se vostede merca entradas con desconto a través de tfno. ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)

 

Unha divertida proposta para mergullarse no mundo da ópera da man de Nani García e a Orquesta Sinfónica de Galicia apta para todos os públicos.

Unha ópera buffa para todos os públicos baseada nunha idea orixinal do compositor Nani García.

É un conto infantil e o mesmo tempo unha obra artística con vocación de entusiasmar e emocionar ó público máis esixente.

Presentada no formato “singspiel”, a obra contén unha intención lúdica e vitalista dende a que se saúda á "A Frauta Máxica" de Mozart e á viveza imperecedoira das obras de Rossini.

O espírito cómico transcende cada escena dende o propio deseño dos personaxes. Pero baixo esta aparencia de lixeireza atópanse sofisticados mecanismos que abren as portas a un mundo

de ilusión e tenrura.

Esta nova e orixinal proposta, desborda talento en todas as súas seccións. Por un lado, a Orquestra Sinfónica de Galicia con Diego García Rodríguez á dirección. Por outra banda as voces de Borja Quiza, Francisco Corujo e Helena Abad. E ademáis, MiguelAnxo Prado como diseñador de personaxes e escenografía, a emerxente María Peinado coa dirección escénica e Baltasar Patiño coa dirección técnica.

 

Could be of your interest...