Entradas para A Rapa Das Bestas de Sabucedo 2017

A Rapa Das Bestas de Sabucedo 2017

Información adicional

A Rapa Das Bestas de Sabucedo 2017

  • desde 08 jul a 10 jul
  • desde 5,00 €
  • Curro de Sabucedo (A Estrada), A Estrada mostrar mapa
Información del evento

A Rapa Das Bestas de Sabucedo 

Festa declarada de Interese Turístico Internacional

A Rapa Das Bestas celébrarase no Curro de Sabucedo (A Estrada), os próximos 8, 9 e 10 de Xullo de 2017.

A Rapa das Bestas de Sabucedo é unha tradición que se remonta ao século XVI hoxe declarada de Interese Turístico Internacional. Celébrase cada ano comezando o 1º venres do mes de xullo. Con milleiros de visitantes, é a día de hoxe, unha das  celebracións máis importantes e sobranceiras de toda Galicia, convertíndose xa nun auténtico icono. A  celebración posúe unha grande tradición cultural, histórica, etnográfica, paisaxística e popular. Comeza coa baixa das bestas o venres. Dende moi cedo os participantes (visitantes incluidos) parten aos montes para reunir as distinas mandas e baixalas logo ao pobo. Os dous eventos centrais da celebración son os curros do sábado día 8 de xullo ás 19:00 horas e do domingo 9 de xullo ás 12:00 horas. Celébranse ambos nunha construcción de pedra semicircular  chamado “Curro” no lugar de Sabucedo (A Estrada-Pontevedra), onde, usando técnicas ancestrais que non inclúen ningún tipo de artiluxio, lévanse a cabo os traballos de inmobilización do animal corpo a corpo (home-besta) que conclúe coa a inmobilización do animal e o rapado das súas crins sen que este sufra ningún tipo de dano. Finalmente as eguas salvaxes que foran traidas a Sabucedo na xornada do venres día 7 serán postas en liberdade o luns día 10 de xullo para que regresen á súa vida en liberdade nos montes da comarca.

Horarios:

  • Sábado: Apertura taquillas 17:30h | Apertura portas 18:15h | Comezo curro 19:00h
  • Domingo: Apertura taquillas 10:45h | Apertura portas 11:15h | Comezo curro 12:00h
  • Luns: Apertura taquillas 11:00h | Apertura portas 11:30h | Comezo curro 12:00h

Importante: os asentos non están numerados.

Entradas para A Rapa Das Bestas de Sabucedo, Xullo de 2017

As entradas para A Rapa Das Bestas no Curro de Sabucedo teñen un custo desde 5 euros + gastos de xestión. ¡Non te quedes sen entradas!

O luns día 10 de xullo, o Curro ten un carácter Solidário. Nesta edición 2017, toda a recadación será donada á Fundación Amigos de Galicia, entidade sen ánimo de lucro que loita contra a Pobreza Infantil e a Exclusión Social. A recadación intentará paliar as necesidades básicas de familias dos concellos de A Estrada, Cuntis, Teo, Viladecruces, Forcarei e Cerdedo. Si non podes vir á Rapa podes colaborar igualmente mercando unha entrada na fila 0.

Mais informaciónwww.rapadasbestas.gal

Colabora:

 

 

También podría interesarte...