Entradas para A Leituga | VENRES CULTURAIS 2019

A Leituga | VENRES CULTURAIS 2019

Información adicional

A Leituga | VENRES CULTURAIS 2019

  • 29 mar 2019
  • 21:00h (CET) Europe/Madrid
  • Desde 3,50 €
  • Pazo da Cultura de Carballo, Carballo mostrar mapa
Información del evento

A Leituga en VENRES CULTURAIS 2019

A obra teatral A Leituga da compañía Eme2 emoción&arte estará representada en Carballo o vindeiro venres 29 de marzo  como parte da programación do VENRES CULTURAIS 2019. A función terá lugar no Pazo da Cultura.

Cinco familiares reúnense na casa da irmá maior para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma desde hai nove anos. O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai.

En clave de humor, abórdase un conflito familiar polo que todos podemos pasar e no que agroman distintos puntos de vista e realidades, lealdades e deslealdades familiares, contas pendentes, a esperanza e a aceptación. O dereito á vida e o dereito á morte.

Intérpretes: Antonio Duran “Morris”, Federico Pérez, María Vázquez, Mercedes Castro e Xose Barato / Escenografía e iluminación: José Manuel Faro, Coti / Música orixinal: Anxo Graña / Vestiario: Uxía Vaello / Tradución: José Luis López Roca / Axudante de dirección: Tamara Canosa / Autor: César Sierra / Dirección: Víctor Duplá

Duración: 1 hora 20 min

Público: adulto

 

Entradas para A Leituga no Pazo da Cultura o 29 de marzo

As entradas para A Leituga no Pazo da Cultura de Carballo teñen un prezo de 5 euros + gastos de xestión. Non perdas VENRES CULTURAIS 2019!

También podría interesarte...