Tickets for Anatomía dunha serea en Vilagarcía de Arousa

Anatomía dunha serea en Vilagarcía de Arousa

Additional info

Anatomía dunha serea en Vilagarcía de Arousa

  • 16 nov 2019
  • 21:00h (CEST) Europe/Madrid
  • From €3.00
  • Salón García, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) show map
Event information

 

Premio Maria Casares 2019 mellor actriz protagonista e mellor texto orixinal

 

 

Anatomía dunha serea é un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala das condicións nas que se dá a vida na sociedade actual, de como se trata o feito de dar a luz, de como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados. Da falta de respecto pola intimidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí.

 

 

Anatomía dunha serea nace da necesidade de contar unha historia persoal, de transformar un acontecemento único e ao mesmo tempo común a moitas mulleres nun acto escénico compartido. Un relato aparentemente unipersoal e illado que de pronto ten eco noutras persoas en todo o mundo. Deste xeito convértese nunha historia global contada nunha voz soa.

 

 

 

 

Entrada xeral: [Zona A,B e C: 5€(+gastos de xestión)], a venda de entradas na billeteira non ten gastos de xestión.

 

 

 

Entrada bonificada para desempregados, maiores de 65 anos e titulares de carné xoven (14/30 anos): [Zona A,B e C: 3€(+gastos de xestión)], a venda de entradas na billeteira non ten gastos de xestión. Os desempregados (tarxeta desemprego), maiores de 65 anos (D.N.I.) e titulares do carné xoven, deberán acreditar a súa condición de beneficiarios no control de acceso.

 

 

Could be of your interest...