Event finished

Tickets for Anatomía dunha serea (Teatro Rosalía Castro)

Anatomía dunha serea (Teatro Rosalía Castro)

Additional info

Anatomía dunha serea (Teatro Rosalía Castro)

Event information

Entradas para ANATOMÍA DUNHA SEREA de iria Pinheiro e María Lado en A Coruña

Data: 7 de marzo de 2019

Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)

Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña)

Entradas: 8,00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, - 20 %) (Familia numerosa, - 25 % (desconto aplicable só nos despachos de billetes)

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao teatro)

Anatomía dunha serea é un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala das condicións nas que se dá a vida na sociedade actual, de como se trata o feito de dar a luz, de como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados. Da falta de respecto pola intimidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí.

Anatomía dunha serea nace da necesidade de contar unha historia persoal, de transformar un acontecemento único e ao mesmo tempo común a moitas mulleres nun acto escénico compartido. Un relato aparentemente unipersoal e illado que de pronto ten eco noutras persoas en todo o mundo. Deste xeito convértese nunha historia global contada nunha voz soa.

Intérprete: Iria Pinheiro

Dirección: Xron

Duración: 75 min

Espectáculo en galego