Evento terminado

Entradas para "Armazenados" de Teatro Art'Imagem

"Armazenados" de Teatro Art'Imagem

Información adicional

"Armazenados" de Teatro Art'Imagem

Información del evento

Este espectáculo dirixido por Flávio Hamilton (Um Punhado de Terra), traducido por Afonso Becerra de Becerreá e interpretado por Pablo Carvalho e Jimmy Núñez é un exemplo do que pode xorder da colaboración galego-portugesa.

Nun almacén baleiro de mercadorías, nada é máis axeitado que pensar que o stock son os propios empregados; neste caso, o señor Lino e o Nin. E, se os empregados son relegados á condición de mercadoría, estamos ante unha perversión evidente; sobre eles pasa a imperar a lei de mercado en troques da lei laboral, creadas coa intención de lles asegurar a dignidade, cedida agora para lles asegurar o soldo que supostamente destinarán a pagar os seus préstamos.

Este texto, a pesar de aparentar sinxelo, colócanos ante algunhas cuestións esenciais, sexa por suxestión ou por identificación. Cuestións que versan fundamentalmente sobre a dignidade humana. Ficamos ante un impas que pode ao mesmo tempo ser de orden puramente filosófica, ou un pouco máis determinista e pragmática: será que o traballo dignifica ao ser humano?

Teaser https://www.youtube.com/watch?v=wUKScVz1xUg

Texto David Desola Tradución Diana Vasconcelos e Afonso Becerra Dirección de escena Flávio Hamilton Intérpretes Flávio Hamilton, Pedro Carvalho e Jimmy Nunez Interpretación en vídeo Daniela Pêgo Iluminación Eduardo Abdala Espazo Escénico José Lopes e Flávio Hamilton Deseño GráficoVídeo e Son André Rabaça Produción Sofia Leal e Daniela Pêgo 

 

También podría interesarte...