Tickets for Bernarda en Vilagarcía de Arousa

Bernarda en Vilagarcía de Arousa

Additional info

Bernarda en Vilagarcía de Arousa

  • 19 oct 2019
  • 21:00h (CEST) Europe/Madrid
  • From €3.00
  • Auditorio Municipal Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arosa show map
Event information

BERNARDA” é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso entorno a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos vemos a realidade de forma totalmente diferente. Cando somos fillos queremos rachar coas normas que nos impoñen, e cando somos pais vémonos na obriga de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable.

Este choque xeracional, que como na vida mesma tamén ocorre en “BERNARDA”, por veces fainos chorar, porque ás veces as situacións vólvense tensas e duras, e por veces fainos rir, porque igual que na vida, ata nas situacións máis extremas xorde a risa como unha necesidade de desafogo e de liberación. Isto é o que en “BERNARDA” demos en chamarlle, humor de tanatorio ou risa de funeral, que tamén é unha constante durante todo o espectáculo.

 

Entrada xeral: [Zona A,B e C: 5€(+gastos de xestión)], a venda de entradas na billeteira non ten gastos de xestión.

 

Entrada bonificada para desempregados, maiores de 65 anos e titulares de carné xoven (14/30 anos): [Zona A,B e C: 3€(+gastos de xestión)], a venda de entradas na billeteira non ten gastos de xestión. Os desempregados (tarxeta desemprego), maiores de 65 anos (D.N.I) e titulares de carné xoven, deberán acreditar a súa condición de beneficiarios no control de acceso.

 

Could be of your interest...