Tickets for Carpe Diem (sábado) (Teatro Rosalía Castro)

Carpe Diem (sábado) (Teatro Rosalía Castro)

Additional info

Carpe Diem (sábado) (Teatro Rosalía Castro)

Event information

Entradas para CARPE DIEM de Rubem Fonseca en A Coruña

Data: 9 de novembro de 2019

Horario:  20.30  h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o espectáculo non se permite o acceso á sala)

Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña)

Entradas: 6,50 / 8,00 / 10,00 / 14,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20 %) (Familia numerosa, - 25 % (só no despacho de billetes))

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada de do acceso ao teatro)

(Se vostede merca entradas con desconto a través de tfno. ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)

 

A anécdota é cinematográfica: Unha muller e un home coñécense Nunha previsibel festa de fin de ano e comezan unha relación ilícita: os dous están casados con outras persoas. Un caso de adulterio entre persoas de clase alta. A rutina dos amantes consiste en cinema de barrio e motel barato, moi lonxe do seu ambiente. É unha aventura imaxinaria nun motel co ar condicionado avariado. Entre a fantasía do cinema e as obrigas conxugais desenvólvese este drama escaldante. En palco aparecerán o autor, manipulando as súas pequeñas criaturas como se fosen ratos de laboratorio. Os dous amantes, e un músico, ennobrecendo con aveludadas melodías o frívolo affaire. Non debíamos dicilo, mais todos estes asuntos, acaban por confluir nunc rime. Por causa da moi dañina influencia do cinema. Porque do que se come, críase.

 

PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS

Con Marías Costas, Marcos Vieitez, Víctor Mosqueira, Mon Orencio

Dramaturxia e dirección: Quico Cadaval

Duración: 80 min

Espectáculo en galego

 

 

Could be of your interest...