Event finished

Tickets for CDG: Neorretranca e Posmorriña (Teatro Rosalía Castro)

CDG: Neorretranca e Posmorriña (Teatro Rosalía Castro)

Additional info

CDG: Neorretranca e Posmorriña (Teatro Rosalía Castro)

Event information

Entradas para NEORRETRANCA E POSMORRIÑA do CDG en A Coruña

De Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte

Data: 25 de maio de 2019

Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o espectáculo non se permite o acceso á sala)

Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña)

Entradas: 6,50 / 8,00 / 10,00 / 14,00 € carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20 %) 

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada de do acceso ao teatro)

(Se vostede merca entradas con desconto a través de tfno. ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)

 

FANTASÍA Nº 5 EN SOL OU NON

Unha varredora baila levando a area que moveu a treboada de novo no seu sitio: recoloca o mundo atacado polo home. Alguén pinta no muro "Viva España". Unha vella agarda pola morte.

Mentres tanto, a moza que vai saír de marcha non sabe como combinar a saia de Zara co pano tan bonito da súa bisavoa. No micrófono, alguén berra: XA NON HAI TEMPO PARA APOIARSE NAS PAREDES. E na parede, alguén pinta: MIÑA NAI FALA GALEGO MI PADRE HABLA CASTELLANO 50 AÑOS FELICES

As vellas botan “gasofa” na terra para que medren as cenorias. E nós preguntámonos cando chegará unha xeración verdadeiramente apaixonada, unha desas de LUME (pero outro lume, eh!). En proscenio: a maleta.

BOISACA OU A DIVINA DESGRAZA

O dramaturgo, encarnado nunha actriz veterana, ten que escribir unha obra de teatro sobre a identidade nacional, coa posibilidade de que esta sexa representada no CDG. Para conseguilo, convoca a escritora Mary Shelley, para que o acompañe nunha viaxe ao outro mundo na procura do seu pai. No seu camiño encóntrase con algúns dos mortos que construíron, cada un co seu propio anaco, ese monstro que é a identidade nacional galega.

CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

Con Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja, Laura Villaverde

Dirección: Gena Baamonde

Espectáculo en galego

 

Could be of your interest...