Event finished

Tickets for Cinco horas con Mario (venres) (Teatro Rosalía Castro)

Cinco horas con Mario (venres) (Teatro Rosalía Castro)

Additional info

Cinco horas con Mario (venres) (Teatro Rosalía Castro)

Event information

Ciclo Principal: Cinco horas con Mario de Miguel Delibes (adaptación: Miguel Delibes, Josefina Molina e José Sámano)

Teatro Rosalía Castro

31 de maio de 2019 – 20.30 h

Duración: 90 minutos 

Entradas: 21,50 / 15,00 / 13,00 / 9,50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25% (só no despacho de billetes))

(Todos os que acedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios dos descontos deben amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do aceso ao recinto)

Estamos en marzo de 1966. Carmen Sotillo acaba de perder o seu marido Mario de forma inesperada. Unha vez que as visitas e a familia se retiran, ela soa vela durante a última noite o cadáver do seu marido e inicia con el un monólogo-diálogo no que descubrimos as súas personalidades e os conflitos do seu matrimonio. Cunha forma entrecortada, detallista ao mínimo, reiterativa e chea de tópicos, Carmen Sotillo di cousas, manifesta sentimentos e emite xuízos que a moitas persoas hoxe pódenlles parecer incribles. Pero damos fe de que esa linguaxe existía, de que eses xuízos emitíanse, de que esas "cousas" de Carmen estaban na vida de todos os días. Cinco horas con Mario, é, entre outras moitas cousas, un documento vivo deses anos. Das preocupacións económicas, relixiosas, políticas, sexuais e morais entón imperantes que Delibes, a través da linguaxe do seu protagonista, deixou retratadas con nitidez, de forma que a vida española de entón chega a palpitar viva nas súas palabras. Pero,sobre todo, Cinco horas con Mario fálanos dos asuntos eternos do ser humano: da culpa, da soidade, da incomunicación, do sentido da vida.

Con Lola Herrera

Dirección: Josefina Molina

Compañía: Sabre Producciones e Pentación Espectáculos

 

Espectáculo en castelán

 

Could be of your interest...