Entradas para CIRCUITO GALEGO DE TEATRO AMADOR (FEGATEA) "TERAPIA DE BAR – O ATURUXO DE MELPÓMENE" na Sala Ártika en Vigo.
Data: Domingo 29 de Xullo o de 2018
- Hora:
- Domingo, 29 de Xullo ás 22:00h
- Recinto: Sala Artika
- Prezo:
- Entrada Xeral: 3 € + gastos de xestión
- Idades recomendada: todos os públicos
- Duración: 75 minutos
Entradas para CIRCUITO GALEGO DE TEATRO AMADOR (FEGATEA) “TERAPIA DE BAR – O ATURUXO DE MELPÓMENE” o Domingo 29 de Xullo na sala Ártika.
SINOPSE:
O bar “Da costa” non está na costa. É un bar perdido no medio do monte, lonxe de calquera sitio, onde rara vez para ninguén e cando o fai, non volve nunca máis.
A propietaria do bar e os seus dous únicos clientes habituais, movidos polo aburrimento e tamén polo seu desequilibrio psíquico, deciden converterse en salvadores da humanidade e elaboran un plan para eliminar do mundo os vicios que segundo eles son os culpables de todos os males do ser humano: o xogo (aínda que sexa a brisca), os avances tecnolóxicos (aínda que só sexa unha chamada polo móbil) e a ambición desmesurada polo diñeiro (aínda que o único síntoma sexa non deixar a propina axeitada.)
As entradas para CIRCUITO GALEGO DE TEATRO AMADOR (FEGATEA) "DE BAR – O ATURUXO DE MELPÓMENE" en Vigo teñen un prezo de 3 € + gastos de xestión.