Event finished

Tickets for Claudia (venres) (Teatro Rosalía Castro)

Claudia (venres) (Teatro Rosalía Castro)

Additional info

Claudia (venres) (Teatro Rosalía Castro)

Event information

Ciclo Principal: Claudia de De Claudia Victoria Poblete Hlaczik, Carles F. Giua e Eugenio Szwarcer

Teatro Rosalía Castro

29 de marzo de 2019 – 20.30 h

Duración: 85 minutos

Entradas: 14,00 / 10,00 / 8,00 / 6,50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25% (só no despacho de billetes))

 (Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)

Claudia Victoria Poblete Hlaczik vive en Buenos Aires, traballa como enxeñeira de sistemas e é afeccionada á ciencia ficción. Claudia vive, aparentemente, unha vida 'normal'. Pero, baixo esta aparencia, escóndese un percorrido moi pouco común. Esta muller nova foi educada nos valores da contorna militar e, con 21 anos, descubriu que era filla de desaparecidos e que vivira unha vida inventada cunha familia que, en realidade, non era a súa. O seu caso marcou un punto de inflexión en Arxentina, xa que supuxo o principio do fin da impunidade dos mandos militares.

A experiencia vital de Claudia -comunicada por ela mesma- é a materia prima deste novo documental escénico que presenta La Conquesta del Pol Sud.

Interésalles explorar as relacións entre o individual e o colectivo. Como se interrelacionan as vidas singulares e a historia? De que maneira a experiencia dalgúns ten que ver con todos nós? Que sentido teñen, no mundo actual, palabras como revolución, memoria e educación?

Con Claudia Victoria Poblete Hlaczik, Carles F. Giua e Eugenio Szwarcer

Dirección: Carles Fernández Giua.

Compañía: La Conquesta del Pol Sud

Espectáculo en castelán

 

Could be of your interest...