Event finished

Tickets for Commedia | Auditorio Municipal Concello de Vigo (Viernes)

Commedia | Auditorio Municipal Concello de Vigo (Viernes)

Additional info

Commedia | Auditorio Municipal Concello de Vigo (Viernes)

  • From 01 feb to 02 feb
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo show map
Event information

Commedia en Vigo

VENRES 1 DE FEBREIRO, 21 HORAS

Compañía: Contraproducións

Xénero: teatro comedia

Autoría: Cándido Pazó e Carlo Goldoni

Dirección: Cándido Pazó

Escenografía e vestiario: Suso Montero

Deseño de son e música: Fernando Reyes

Deseño de iluminación: Afonso Castro

Elenco artístico: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Nuria

Sanz, Sergio Zearreta, Avelino González e César Goldi

En 1993, na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, estreábase Commedia un xoguete para Goldoni, un espectáculo que acabou sendo un dos fitos do teatro galego. Máis de 200 funcións en xira por España, Portugal e Francia. Hoxe, 25 anos despois, repetindo no posible o mesmo equipo creativo, Contraproducións revisita aquela experiencia, celebrando aquela festa teatral. Arlecchino encontra unha carta de amor no mandil da súa muller e, erradamente, pois a carta non era para ela, pensa que ela o engana. Desesperado, quere matarse. Pero deteno unha misteriosa voz que vén de ningures e que lle dá un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen o pon. Arlecchino esquéceo todo. Pero, como dano colateral, esquece tamén a noción das convencións sociais. A partir deste arranque argumental sucédense unha serie de divertidos equívocos e enxeñosos enredos nos que participan algunhas das principais figuras da Commedia dell Arte: o cutre taberneiro Brighella, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano, a encantadora Arxentina... Un argumento que, máis alá do imprescindíbel alarde formal e lúdico, dá pé para xogar criticamente cos manidos tópicos do amor romántico e os riscos do exercicio indiscriminado da sinceridade.

Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano.

Entradas para Commedia no Auditorio Municipal de Vigo o 1 e 2 de Febreiro 

As entradas teñen un prezo de 8€ 

Non quedes sen elas!!

 

 

 

 

 

 

 

Could be of your interest...