Tickets for Curva España (sábado) (Teatro Rosalía Castro)

Curva España (sábado) (Teatro Rosalía Castro)

Additional info

Curva España (sábado) (Teatro Rosalía Castro)

Event information

Entradas para CURVA ESPAÑA de Xron, Manuel Cortés, Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo en A Coruña

Data: 19 de outubro de 2019

Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o espectáculo non se permite o acceso á sala)

Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña)

Entradas: 6,50 / 8,00 / 10,00 / 14,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20 %) (Familia numerosa: - 25 % (só no despacho de billetes))

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro)

(Se vostede merca entradas con desconto a través do teléfono ou da web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)

Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha norte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre as súas causas, motivacións e consecuencias.

Curva España é a historia dunha investigación sobre un suceso do pasado e sobre as súas implicacións no presente. Un suceso real que tivo un impacto directo limitado a unha pequeña comunicade da Galiza interior, pero no que se desvela o xeito no que se vertebrou o estado liberal español durante os séculos XIX e XX, en paralelo á construcción do ferrocarril.

A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, contaremos a historia da norte do enxeñeiro España artellando unha narración escénica que adopta o formato do documental, bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construcción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque España chegou en forma de mito, e o mito fala da súa norte nunha curva afastada.

Neste novo cruce de realidade e ficción sobre o escenario o que tratamos de facer é entrar no real, porque o acto teatral sería unha estratexia para entrar na realidade xunto ao público. Por tanto o obxectivo desta peza non é representar o real recreando situacións do pasado, senón facer que a representación en sí mesma sexa real. Unha representación que integra unha narrativa cinematográfica documental construida en directo a partir da mestura de escenas filmadas en tempo real á vista do público e entrevistas gravadas.

Unha producción CHÉVERE en coprodución con TEATROS DEL CANAL, CONCELLO DE TEO e MIT RIBADAVIA

Intérpretes: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lia, Lucía Estévez, Leti Blanco  

Duración: 90 min

Espectáculo en galego

 

 

Could be of your interest...