Tickets for De todo corazón (Fórum Metropolitano)

De todo corazón (Fórum Metropolitano)

Additional info

De todo corazón (Fórum Metropolitano)

Event information

Entradas para DE TODO CORAZÓN de TEATRO PARAÍSO en A Coruña

Data: 25 de maio de 2019

Horario: 18.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)

Lugar: Fórum Metropolitano (A Coruña)

Entradas: 6,00 € (Abono 3, 15,00 €) (menores de 3 anos, 2,00 €) 

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

Unha introducción ao mundo do teatro, das artes escénicas, por iso cando os nenos chegan á sala, a actriz e a violinista recíbenlles e acompáñanlles no camiño de entrada ao “mundo máxico”, dándolles a benvida co seu sorriso e a súa música.

Despois a actriz caracterízase como pallaso diante dos nenos, nun momento de gran delicadeza. E a partir dese momento comeza a aventura do TEATRO.

Nun pequeno decorado de cores brillantes desenvólvese a historia dun pallaso e un paxaro que nacen do mesmo ovo. Cómplices como dous xemelgos, viven xuntos pequenas aventuras explorando os seus sentimentos: entre a tenrura e a cobiza, o medo e a alegría.

A sutileza do espectáculo transpórtanos a un universo poético, no cal os nenos navegan con confianza e admiración.

Cando o espectáculo chega ao seu fin é o momento de regresar. Chega a hora da despedida. Mentres soa o violín, o pallaso conduce aos nenos cara á saída, acompañándolles no seu camiño de volta.

Intérpretes: Clown – Rosa A. García, Violinista – Meggy Khabourdzania

Autora: Rosa A. García

Dirección: Tomás Fdz. Alonso

Duración: 40 min

Público: + 4 anos

Espectáculo en castelán e con aforo reducido

 

 

 

 

Could be of your interest...