Tickets for Despois Das Ondas | Auditorio Municipal | Vigocultura

Despois Das Ondas | Auditorio Municipal | Vigocultura

Additional info

Despois Das Ondas | Auditorio Municipal | Vigocultura

  • 11 oct 2019
  • 21:00h (CEST) Europe/Madrid
  • From €8.00
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo show map
Event information

EDSPOIS DAS ONDAS en Vigo

VENRES 11 DE OUTUBRO 21:00 HORAS

Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral.

A nena medrou para converterse na gran actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria han axudala a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María?

Nesta peza, mesturando cine en directo, teatro e música, poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.

 

 

Compañía: ButacaZero

Espectáculo: DESPOIS DAS ONDAS

Xénero: teatro drama

Autoría e deseño de son: Ernesto Is

Dirección: Xavier Castiñeira

Adaptación: Xavier Castiñeira e Ernesto Is

Escenografía: Beatriz de Vega

Deseño de iluminación: Javier Quintana

Vestiario: Carlos Pinilla

Coreografía: Sonsoles Cordón

Elenco artístico: Belén Constenla, Nerea Brey e Sonsoles Cordón

Idioma: galego

Idade recomendada: + 12 anos

Duración: 80 minutos

Prezo: 8 €

 

 

 

Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano.

Entradas para Despois Das Ondas en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 11 de outubro

As entradas teñen un prezo de 8€ 

Non quedes sen elas!!

 

Could be of your interest...