Tickets for Dúas Donas Que Bailan | Auditorio Municipal | Vigocultura

Dúas Donas Que Bailan | Auditorio Municipal | Vigocultura

Additional info

Dúas Donas Que Bailan | Auditorio Municipal | Vigocultura

  • 29 nov 2019
  • 21:00h (CEST) Europe/Madrid
  • From €8.00
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo show map
Event information

DÚAS DONAS QUE BAILAN en Vigo

VENRES 29 DE NOVEMBRO 21:00 HORAS

Unha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París, resístese a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia as presións das e dos fillos e tamén da axencia propietaria do inmoble. Todos eles teñen outros plans para a vivenda. A filla, en tanto non consegue que a nai mude de actitude, contrata unha muller para que vaia facer os labores domésticos na casa dúas veces por semana. A muller contratada é unha profesora de lingua a literatura, de mediana idade, obrigada polas circunstancias a aceptar o traballo. O seu carácter contestatario é parello ao da vella, outrora unha muller rebelde e activista. A presenza da contratada non é ben recibida e cada xornada convértese nun inquietante e por veces traxicómico enfrontamento.

 

 

Compañía: Teatro do Atlántico

Espectáculo: DÚAS DONAS QUE BAILAN

Xénero: Comedia dramática

Autoría: Josep M.Benet i Jornet

Dirección e deseño de iluminación: Xúlio Lago

Tradución: Aleixandre Lago

Escenografía: Antonio Simón

Deseño de son: Esther Carrodeguas

Vestiario: Susa Porto

Música: escolma

Elenco artístico: María Barcala e María Ángeles Iglesias

Idioma: galego

Idade recomendada: + 14 anos

Duración: 80 minutos

Prezo: 8 €

 

 

Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano.

Entradas para Dúas Donas Que Bailan en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 29 de novembro

As entradas teñen un prezo de 8€ 

Non quedes sen elas!!

 

Could be of your interest...