Evento terminado

Entradas para Dúas Donas Que Bailan | VENRES CULTURAIS 2019

Dúas Donas Que Bailan | VENRES CULTURAIS 2019

Información adicional

Dúas Donas Que Bailan | VENRES CULTURAIS 2019

Información del evento

Dúas Donas Que Bailan en VENRES CULTURAIS 2019

A obra teatral Dúas Donas Que Bailan da compañía Teatro do Atlántico estará representada en Carballo o vindeiro venres 22 de febreiro como parte da programación do VENRES CULTURAIS 2019. A función terá lugar no Pazo da Cultura.

Unha muller maior, que soña cunha viaxe a París, resístese a abandonar o piso no que habita. Os fillos e do dono da vivenda teñen outros plans.

Outra muller chegará para facer as labores da casa e cada xornada convértese nun inquietante e cómico “toma e daca”. Unha das compañías galegas máis sólidas, que recibiu recentemente o Premio da Crítica de Galicia, preséntanos un agasallo teatral, adobiado de humor malvado.

Compartiremos os soños e os fracasos de dúas fortes mulleres que se enfrontan ao alzhéimer, á soidade, ao desencontro xeracional e a outros asuntos que impón a sociedade contemporánea. Invadiranos a tenrura.

Intérpretes: María Barcala e María Ángeles Iglesias / Espazo escénico: Antonio F. Simón / Espazo sonoro: Brais Morán / Tradución e axud. dirección: Aleixandre Lago / Dirección e dramaturxia: Xúlio Lago / Autor: J. Mª Benet i Jornet.

Duración: 1 hora e 15 minutos | Público: Adulto

 

Entradas para Dúas Donas Que Bailan no Pazo da Cultura o 22 de febreiro

As entradas para Dúas Donas que Bailan no Pazo da Cultura de Carballo teñen un prezo de 4 euros + gastos de xestión. Non perdas VENRES CULTURAIS 2019!

También podría interesarte...