Evento terminado

Entradas para El Tratamiento | FIOT 2018

El Tratamiento | FIOT 2018

Información adicional

El Tratamiento | FIOT 2018

Información del evento

El Tratamiento en FIOT 2018

A obra teatral El Tratamiento da compañía La_Abducción e Buxman Producciones estará representada en Carballo o vindeiro sábado 27 outubro como parte da programación do FIOT 2018. A función terá lugar no Pazo da Cultura.

Un cineasta frustrado,tras moitos anos dando tombos, porfin vai estrear a súa primeira película, unha longametraxe sobre a Guerra Civil con Ovnis. No caótico esplendor do mundo do cine colaranse un mozo que imita as letras do grupo Héroes del Silencio, unha carta de amor desde o mar Exeo, unha adolescente que visita Eurodisney, unha clase de escritura creativa, produtores ao borde dun ataque de nervios...

Esta orixinal e deliciosa comedia con máis de vinte personaxes lévanos da gargallada ao nó na gorxa, entrelazando ficción e realidade, presente e pasado, recordo e memoria.

O seu autor e director, Pablo Remón, que está considerado como unha das voces máis interesantes da nosa escena, crea unha grande historia coa que nos fala da importancia de aproveitar o momento ou do camiño que hai entre o que somos e o que queriamos ter sido,reflexionando sobre cal é o sentido que ten para calquera de nós seguir contando historias.

 

Entradas para El Tratamiento no Pazo da Cultura o 27 outubro

As entradas para El Tratamiento no Pazo da Cultura de Carballo teñen un prezo de 12 euros + gastos de xestión. Non perdas FIOT 2018!

También podría interesarte...