Evento terminado

Entradas para Electra | Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Electra | Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Información adicional

Electra | Auditorio Municipal do Concello de Vigo

  • 13 oct 2017
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo mostrar mapa
Información del evento

 

ELECTRA en Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Venres 13 de outubro, 21 Horas

Despois de Edipo, a Companhia do Chapitô atrévese con outro título complexo (que non complicado) dentro da traxedia grega: Electra.

Na Atenas do rei Agamenón convócase unha guerra para liberar a bela Helena das garras do seu secuestrador (ou non, que hai quen di que se foi con Paris encantada da vida). Ao non ter vento favorable para os seus barcos, Agamenón sacrifica a súa filla Ifixenia por indicación dos profetas. Este feito desencadea que Clitemnestra trame a súa vinganza xunto a Existo, o seu amante e primo do rei. Tras dez anos de guerra, ao volver de Troia, Agamenón é asasinado, e Electra, coa axuda do seu irmán Orestes, víngase asasinando os amantes. E todo este baño de sangue, con mooooooiiiiitas culleres, está en clave de comedia esmendrellante. Estilo Chapitô.

 

Entradas para ELECTRA no Auditorio Municipal de Vigo o venres 13 de outubro 

As entradas de mobilidade reducida, venderanse unicamente por teléfono ou en taquilla. 

As entradas teñen un prezo de 8€ 

Non quedes sen elas!!

 

 

También podría interesarte...