Event finished

Tickets for EMHU - Dragones y Chupacabras (Teatro Colón)

EMHU - Dragones y Chupacabras (Teatro Colón)

Additional info

EMHU - Dragones y Chupacabras (Teatro Colón)

Event information

Entradas para DRAGONES Y CHUPACABRAS, UNA AVENTURA BILINGÜE en A Coruña

Data: 19 de maio de 2019

Horario: 12.00 h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o espectáculo non se permite o acceso á sala)

Lugar: Teatro Colón (A Coruña)

Entradas: 10,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20 %) (Familia numerosa, - 25 % (só no despacho de billetes)) (Bono Chiquijamming + Dragones y Chupacabras - 15,00 € (desconto válido no despacho de billetes))

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espetáculo deben facelo con entrada)

(Se vostede merca entradas con desconto a través de tfno. ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)

DRAGONES Y CHUPACABRAS, UNA AVENTURA BILINGÜE é o espectáculo que o prestixioso autor estadounidense Adam  Rubin preparou para o  EMHU. Un excelente show de contacontos bilingüe (castelán-inglés) baseado nos seus libros e pensado para nenos. Nesta ocasión Adam presentará dúas dos seus grandes éxitos, O  Chupacabras e  Dragon´ s  Love Tacos. Dúas historias cheas de humor, aventuras, tenruras e encantadores monstros famentos. Durante o espectáculo os nenos escoitan, participan e aprenden novas palabras de mans dun escritor nativo. E ao final do espectáculo ábrese unha quenda de preguntas e respostas onde os nenos poden aclarar as súas dúbidas acerca das historias escoitadas e das palabras aprendidas.

Adam  Rubin ( Stamford,  Connecticut, 1983) é un prestixioso autor con máis de dez títulos publicados e un millón de exemplares vendidos. Os seus libros permaneceron na lista de  best  sellers de  The New York Times durante máis de 250 semanas e o seu último título, O  Chupacabras, foi nomeado ao  Blue  Bonnet, considerado como un dos premios literarios máis prestixioso de Estados Unidos. A peculiaridade deste último libro radica en que está escrito en dous idiomas á vez: inglés e castelán. Dada a situación política actual en Estados Unidos,  Rubin sente que promover a educación bilingüe para nenos é máis importante que nunca. Por iso viaxa visitando escolas e teatros de todo o mundo presentando e compartindo os seus libros cos máis pequenos. Actualmente está a mellorar a súa escritura en español e investigando outros proxectos para promover a aceptación multicultural en Estados Unidos.

 

Duración: 50 min

Espectáculo en castelán e inglés

Teatro familiar, contacontos

Recomendado a partir de 6 anos

 

Could be of your interest...