Evento terminado

Entradas para Emilia | Auditorio Municipal Concello de Vigo

Emilia | Auditorio Municipal Concello de Vigo

Información adicional

Emilia | Auditorio Municipal Concello de Vigo

  • 09 mar 2018
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo mostrar mapa
Información del evento

Emilia | Auditorio Municipal Concello de Vigo

Emilia venres 9 de marzo de 2018 as 21:00 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. 

Emilia é a primeira parte da triloxía “Mulleres que se atreven”, que trata de posicionar a mulleres brillantes da nosa historia no lugar que pensamos lles corresponde así como dalas a coñecer ao gran público.

Emilia amosa a unha muller que a finais do século XIX se empecina en ser ela mesma, é dicir, en conducirse de acordo cos seus desexos e a vontade de escribir e participar na vida pública.

Emilia tratou de ingresar na Real Academia da lingua sen éxito. A súa insistencia valeulle a reprobación de moitos dos seus contemporáneos, incluso despois de ter recadado a admiración dalgúns outros. Por riba das polémicas, en Emilia sobresae unha muller forte, intelixente e extraordinariamente divertida. Unha montaxe moi divertida que goza das mellores críticas e do aplauso do público.

Os menores deben ir acompañados de un adulto.

Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 butacas ao seu lado reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso). Este tipo de entradas poderán mercarse só a través da venda telefónica no teléfono 902044226, na billeteira de Elepé ou na do propio Auditorio o día do espectáculo (de non esgotarse na venda anticipada).

Entradas para Emilia no Auditorio Municipal do Concello de Vigo

As entradas para Emilia no Auditorio Municipal do Concello de Vigo o venres 9 de marzo de 2018 as 21:00 horas teñen un prezo de 8 euros.

¡Non quedes sen elas!

También podría interesarte...