Evento terminado

Entradas para Un Enemigo del Pueblo | FIOT 2018

Un Enemigo del Pueblo | FIOT 2018

Información adicional

Un Enemigo del Pueblo | FIOT 2018

Información del evento

Un Enemigo del Pueblo en FIOT 2018

A obra teatral Un Enemigo del Pueblo da compañía El Pavón Teatro Kamikaze estará representada en Carballo o vindeiro domingo 28 outubro como parte da programación do FIOT 2018. A función terá lugar no Pazo da Cultura.

Unha compañía de teatro recibe subvencións outorgadas por un partido con ideais e accións contrarias á súa ética. É aceptable calar para non perder as axudas que lle dan viabilidade a un proxecto artístico crítico co poder? Perden toda a súa forza moral para denunciar a inxustiza desde o escenario?

Nesta versión tan persoal do clásico de Henrik Ibsen, Àlex Rigola, un dos directores máis innovadores e internacionais da nosa escena, converte o patio de butacas nunha ágora para que o público vaia xulgando os feitos a medida que os intérpretes os expoñen e emita o seu ditame cunha votación real, na que se cuestionará a sociedade, a democracia, a liberdade de expresión ou a ética persoalfronte ao poder. Unha experiencia única da que é imposible saírindiferente.

El Pavón Teatro Kamikaze é un dos proxectos teatrais máis interesantes actualmente, avalados polas exitosas traxectorias de Kamikaze e Buxman Producciones, ambas presentes no FIOT desde hai anos. Foi galardoado co Premio Nacional de Teatro 2017 pola súa valentía, singularidade e excelencia na creación.

 

Entradas para El Enemigo del Pueblo no Pazo da Cultura o 28 outubro

As entradas para El Enemigo del Pueblo no Pazo da Cultura de Carballo teñen un prezo de 12 euros + gastos de xestión. Non perdas FIOT 2018!

También podría interesarte...