tradas para “Eroski Paraíso” na Coruña
Data: 19 de outubro de 2018
Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo, non se permitirá o acceso á sala.)
Lugar: Ágora (A Coruña)
Entradas: 12,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 8,00 €)
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.)
(As/os beneficiarias/os de descontos deben presentar no despacho de billetes e no acceso ao recinto o documento que acredite o desconto.)
Eroski Paraíso é a primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro
Como outras pezas de Chévere, Eroski Paraíso é o resultado dun proceso de procura de varios meses que logo se concreta no local de ensaio. Nesta ocasión fíxose un traballo de documentación previo sobre a sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990. Alí coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas outras parellas da zona. Ela tiña 19 anos, el 25. Casaron ao quedar ela embarazada e a súa filla Alexandra (Álex) naceu ao ano seguinte, xusto cando pechou a Paraíso. Logo emigraron e andaron a tombos dun lado a outro deixando que a vida decidise por eles. Vintecinco anos despois, atopamos a Eva de volta en Muros coidando de seu pai e traballando no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas. Antonio segue en Canarias. Álex acaba de rematar un máster de cine en Barcelona e viaxa a Muros para facer o seu primeiro documental. Unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado, un retrato do desarraigo vital de toda unha xeración. Eroski Paraíso é o título que lle puxo á súa película. E esta obra é un convite para asistir a unha das sesións de rodaxe.
CHÉVERE
En escea: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez e Luis Martínez. Coa participación de Rosa Moledo e Federico Rei
Dramaturxia/dirección: Xesús Ron
Duración: 80 minutos Idioma: galego