Evento terminado

Entradas para Eu cociño, ti cociñas, de Mamá Cabra

Eu cociño, ti cociñas, de Mamá Cabra

Información adicional

Eu cociño, ti cociñas, de Mamá Cabra

Información del evento

Nota: é precisa unha entrada para cada persoa que vai acceder ao auditorio

No perdas o espectáculo teatro-musical Eu cociño, ti cociñas, de Mamá Cabra o próximo venres 11 de maio de 2018 a partires das 18:30 horas no Centro Ágora de A Coruña

Mamá Cabra presentará no Auditorio do Ágora o seu novo espectáculo teatro-musical.

As mestras María Salgado e Pilar Rivas levan a cabo un interesanteproxecto escolar cos nenos e nenas de 2º ciclo de Educación Infantil. "Eu cociño, ti cociñas?" é unha proposta metodolóxica innovadora onde a cociña e a alimentación saudable se converten no medio perfecto para traballar diferentes aspectos curriculares e desenvolver as competencias básicas dos alumnos. Eu cociño, ti cociñas?" conta cun blog onde recollen a diario todas as súas experiencias. Alí taménse soben as receitas gravadas en vídeo onde os protagonistas son os máis pequenos, que nos guían en todo o proceso de elaboración, dende a escolla dos ingredientes ata a presentación final. Parte do segredo do proxecto ten que ver co entusiamo e a dedicación das mestras, que lle rouban horas á familia e ao seu tempo de lecer para facelo posible. O outro gran apoio son os pais e nais, sen cuxa colaboración tampouco non sería o mesmo. Desta iniciativa xorde o novo espectáculo músico teatral de Mamá Cabra.

O espectáculo está destinado a crianzas maiores de 3 anos acompañadas pola familia. É necesaria a inscrición en tickeea que se abrirá a partir das 10.00 horas do 30 de abril.

Nota: se unha vez reservada praza non se pode asistir, agradecemos que nolo comuniquedes para que outra pequena ou pequeno poida gozar da actividade. 

Entradas para o espectáculo Eu cociño, ti cociñas, de Mamá Cabra no Centro Ágora

Las entradas para o espectáculo teatro-musical Eu cociño, ti cociñas, de Mamá Cabra o próximo venres 11 de maio de 2018 a partires das 18:30 horas son gratuitas.

¡No quedes sen entrada!

 

 

 

También podría interesarte...