Tickets for Fariña (Teatro Colón)

Fariña (Teatro Colón)

Additional info

Fariña (Teatro Colón)

  • From 25 oct to 26 oct
  • From €11.20
  • Teatro Colón, A Coruña show map
Event information

Entradas para FARIÑA en A Coruña

Baseado na obra de Nacho Carretero 

Datas: 25 e 26 de outubro de 2019

Hora:  20.30 e 23.00  h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o espectáculo non se permite o acceso á sala)

Lugar: Teatro Colón (A Coruña)

Entradas: 18,00 / 22,00 € (1ª fila de principal, visibilidade reducida, 14,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20 %) (Familia numerosa, - 25 % (só no despacho de billetes))

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada de do acceso ao teatro)

(Se vostede merca entradas con desconto a través de tfno. ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)

Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro Fariña, unha adaptación da exitosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século. Dirixida por Tito Asorey, conta no seu elenco con Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cristina Iglesias, ademais do propio Touriñán.

Fariña non permite ao espectador nin acomodarse na butaca. A unha impoñente descarga suceden conversas entre rapaces e veciños das vilas falando, mercando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea. O fenómeno xa está en marcha. 

O elenco de actores entran e saen da escea meténdose na pel de decenas de personaxes entre situacións familiares: un alcalde corrupto disposto a financiar unha verbena, os veciños máis novos probando a mercancía a escondidas...

O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura coa que tivo lugar na realidade. De pronto, en escea, escóitase acento colombiano e marroquí. Escóitanse ritmos de percusión e cancións. Escóitanse bromas e bravuconadas. As drogas toman o control: ostentación e subidón enchen o teatro.

E, de novo como sucedeu en realidade, aparece a traxedia. En forma de nais, rapaces afundidos e, por fin, operacións policiais. Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia desde un punto de vista único. Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar, coa sensación final, e a reflexión que o espectador fai ao sair do teatro, chegando a adquirir unha eficacia inédita.

 

UNDEDEZ SL – AINÉ PRODUCIONS SL – OQUETEÑO MEDIA SL

Con Xose A. Touriñán, María Vázquez, Marcos Pereiro, Cris Iglesias e Sergio Zearreta

Dirección: Tito Asorey

 

 

 

 

Could be of your interest...