Evento terminado

Entradas para Garage | Auditorio Municipal Concello de Vigo

Garage | Auditorio Municipal Concello de Vigo

Información adicional

Garage | Auditorio Municipal Concello de Vigo

  • Del 23 feb al 24 feb
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo mostrar mapa
Información del evento

Garage | Auditorio Municipal Concello de Vigo

Garage venres 23 e sábado 24 de febreiro de 2018 as 21:00 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

A compañía Voadora segue explorando a utilidade do teatro, o seu vínculo co presente máis cotiá e o seu efecto transformador nas comunidades. Tras o éxito internacional do seu anterior proxecto Don Juan, presentan agora Garage, unha investigación poética sobre o cambio de rol da figura da muller no marco socioeconómico europeo.

Un espectáculo protagonizado por traballadoras da industria automobilística, resultado dun conxunto de entrevistas realizadas nas fábricas na procura das mulleres e as súas circunstancias.

Un choque frontal entre unha compañía de teatro e unha comunidade, entre habitantes de distintas xeracións, entre o xeral e o particular, desdibuxando os límites dese concepto sumamente abstracto que chamamos economía e a súa tradución aos pequenos espazos cheos de graxa e pezas de desgüace, onde se fragua a vida das persoas e a súa problemática na Europa contemporánea.

O espectáculo é un encargo orixinal de MA Scéne nationale – Pays de Montbéliard para abrir a tempada 2017-2018. Estreouse en Francia no Théâtre de Montbéliard coa participación de persoas vinculadas á fábrica PSA Peugeot Citroën Sochaux, a máis antiga de Europa. 

Os menores deben ir acompañados de un adulto.

Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 butacas ao seu lado reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso). Este tipo de entradas poderán mercarse só a través da venda telefónica no teléfono 902044226, na billeteira de Elepé ou na do propio Auditorio o día do espectáculo (de non esgotarse na venda anticipada).

Entradas para Garage no Auditorio Municipal do Concello de Vigo

As entradas para Garage no Auditorio Municipal do Concello de Vigo o venres 23 e sábado 24 de febreiro de 2018 as 21:00 horas teñen un prezo de 8 euros.

¡Non quedes sen elas!

También podría interesarte...